BNG critica o ‘estilo Rueda’ nestes dous anos de lexislatura: darlle as costas á xente e gobernar para un puñado de empresas

Bloque Nacionalista Galego 23-02-2026, 15:30

Olalla Rodil

Rodil apunta ao deterioro da sanidade, ás listas da dependencia ou aos problemas de acceso á vivenda como sinais do fracaso do PP na Xunta

“Temos o presidente máis antigalego e centralista da historia, sempre servil ás ordes de Génova en contra dos intereses dos galegos e galegas”, sostén

A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, acusou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de levar dous anos de lexislatura gobernando para os intereses partidistas de Feijóo en contra de Galiza e para favorecer o negocio dun puñado de empresas, sen achegar solucións aos problemas reais e que de verdade preocupan aos galegos e ás galegas, como sanidade, o acceso á vivenda ou a atención á dependencia.

“Nestes dous anos de lexislatura vimos a verdadeira cara do estilo Rueda, a dun PP instalado no ruído e na crispación que quere traer á política galega a lameira da política madrileña, a dun presidente que vai pasar á historia por ser o máis antigalego e centralista, sempre servil ás ordes do PP en Madrid en contra dos intereses dos galegos e as galegas”, asegurou a deputada do Bloque.

Proba disto é o rexeitamento do Goberno do PP á condonación da débeda negociada polo BNG no acordo de investidura, máis de 4.000 millóns de euros que poderían servir para mellorar os servizos públicos no País, cada día máis deteriorados, como ocorre coa sanidade, a educación ou a atención á dependencia, exemplificou Rodil. No mesmo sentido, criticou a negativa de Rueda a negociar, dobregado ás ordes de Génova, un sistema de financiamento xusto para Galiza, a través de un concerto que lle dea aos galegos e galegas a chave dos seus cartos.

Segundo a deputada do BNG, os dous anos transcorridos desde a celebración das últimas eleccións galegas deixan claro que o estilo Rueda é tamén o dun goberno que traballa “para un puñado de empresas amigas do PP ás que está poñendo en bandexa os recursos e a riqueza de Galiza única e exclusivamente para que poidan seguir engordando a súa carteira de beneficios”.

Altri, un claro exemplo

Sucede isto, sostivo, co “boom eólico depredador pensado só para favorecer os intereses das eléctricas” ou coas políticas feitas para beneficiar o lobby do eucalipto, aínda que o “o exemplo máis claro” é o proxecto da macrocelulosa contaminante de Altri en Palas de Rei. “O Goberno do PP foi o gran impulsor deste proxecto industrial absolutamente prexudicial para Galiza”, apuntou, para subliñar que se finalmente a pasteira non chega a materializarse será grazas á masiva mobilización veciñal e social.

“A xente dixo claramente non ao espolio dos nosos recursos e si a un modelo de desenvolvemento económico e social sustentable que poña os recursos e a riqueza do País ao servizo das galegos e os galegos”, salientou.

A viceportavoz do BNG no Parlamento criticou o triunfalismo de Rueda á hora de facer balance dun goberno que, insistiu, traballa de costas á xente, sen atender os problemas reais dos galegos e as galegas. Referiuse, neste punto, a situación que atravesa a sanidade pública, “cada vez máis deteriorada como consecuencia das decisións políticas do PP na Xunta, que teñen a Atención Primaria en estado crítico, con listas de agarda de ata quince días para ver o médico ou 11.000 nenos e nenas sen pediatra asignado”.

Olalla Rodil aludiu así mesmo ao fracaso da xestión do PP en materia de vivenda, sendo esta hoxe o “principal factor de exclusión social”. “É imposible poder pagar o aluguer, cada vez máis caro neste País, entre outras cousas porque o Partido Popular dinamitou durante os últimos dezaseis anos a política social de vivenda”, reprobou.

A situación do sistema da dependencia é outra das marcas que caracterizan, agregou a deputada nacionalista, o estilo Rueda na Xunta. “Temos o Servizo de Axuda no Fogar colapsado e listas de espera inadmisibles que o único que favorecen é o negocio que están facendo un puñado de empresas coa vellez, como ocorre coas residencias”, denunciou.

Olalla Rodil fixo tamén valoración do traballo do BNG durante estes dous anos de lexislatura. Un BNG, apuntou, que despois de ter acadado o mellor resultado da súa historia nas últimas eleccións galegas, continúa a traballar como alternativa de Goberno “cada día con máis ilusión e con máis forza para dar resposta, solucións e esperanza á xente deste País”.

“Traballamos cun proxecto serio e de futuro centrado no importante, que é defender os intereses de Galiza e o dereito das galegas e dos galegos a unha vida digna, e cun liderado forte, sólido e claro como é o de Ana Pontón, que é o símbolo da esperanza deste País e a alternativa de goberno para Galiza”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-critica-estilo-rueda-nestes-dous-anos-lexislatura-darlle-costas-xente-gobernar-punado-empresas/20260222120116042284.html

Related News

El text garanteix la prestació de 3.200€ mensuals en els casos de més dependència, evita els copagaments i preveu que l’Estat assumeixi el 50% del cost

read more..

In de plenaire vergadering van de Kamer riep fractievoorzitter Barbara Pas(Vlaams Belang) eerste minister Bart De Wever(N-VA) nogmaals op om de geplande accijnsverhogingen te schrappen, en, zoals in vele andere landen al gebeurt, maatregelen te nemen om tanken betaalbaar te houden.“Wat ons betreft door de accijnzen terug te brengen naar het Europese minimum”, stelde ze.“Zo bescherm je koopkracht, zo blijft Vlaanderen aantrekkelijk voor transport en industrie, en stopt de overheid eindelijk met cashen op de kap van de gewone Vlaming.”

read more..

Olalla Rodil

Asegura que as galegas e galegos merecen máis e que “aí está o BNG de Ana Pontón cun proxecto e alternativa sólidos para mellorar as súas vidas

read more..

Article by Cllr Dick Cole published in the Cornish Guardian 11th February 2026) and West Briton newspapers (12th February 2026)

read more..

BEOGRAD – U medijskoj kampanji laži, manipulacije, pretnji i targetiranja studenata, podizanje optužnice protiv 13 okrivljenih za pad nadstrešnice u Novom Saduće biće samo jedan deo političkog narativa koji treba da ublaži nezadovoljstvo većine građana. Ceo postupak je politički, a ne pravni pa je i trenutak podizanja optužnice politički, jer režim po svaku cenu pokušava da uguši studentsku pobunu. Međutim, ovo nezadovoljstvo i pobuna građana se brzo šire i ne mogu ih sprečiti nikakve zbrzane i nepotpune optužnice“, kaže u razgovoru za Danas Aleksandar Olenik, advokat i član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI.

read more..

Jorge Pueyo, presidente de CHA, ha mostrado su apoyo a la concentración convocada por el Movimiento de Acción Rural en defensa de los servicios públicos: “Reclamar unos servicios públicos dignos, cercanos y de calidad para el medio rural, garantizando la igualdad de oportunidades y frenando el proceso de despoblación que sufren amplias zonas de Aragón”.

read more..

Vlaanderen kende vorig jaar het beste werkzaamheidscijfer ooit. Uit nieuwe cijfers van Statbel blijkt dat 77,3 procent van de 20- tot 64-jarigen in 2025 aan de slag was. Een historisch cijfer. “Deze cijfers tonen dat een aanklampend activeringsbeleid werkt”, zegt Vlaams minister van Werk Zuhal Demir. 

read more..

Vitan er lykilin til framtíðina, lykilin til at fara frámøguleikum til ítøkilig úrslit.

Og í Føroyum hava vit óendaliga stórar møguleikar, men taðkrevur eitt tilvitað val um miðvísar íløgur í hægri útbúgving, gransking,menning og nýskapan.

read more..

Naar aanleiding van de discussie rond de grootschalige btw-hervorming was Kamerfractievoorzitter Axel Ronse te gast in Terzake. Hij benadrukte dat werken meer moet opbrengen. “De overheid is veel te gulzig en vreet te veel weg van de lonen”, zo klinkt het resoluut. Daarom pleit de N-VA voor een lastenverschuiving van arbeid naar consumptie.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031