BNG saca adiante no Congreso a iniciativa para garantir a actividade e o emprego no Grupo Losán

Bloque Nacionalista Galego 24-02-2026, 10:00

Néstor Rego

Néstor Rego consegue aprobar no Congreso unha resolución que reclama ao Goberno do Estado, a través da SEPI, adoptar un papel activo e participar no deseño dun plan de viabilidade do Grupo

“Os recursos públicos non poden servir para sanear as contas das empresas e que logo estas marchen cara a outro lugar” afirma Rego

O Congreso aproba a iniciativa do BNG, defendida por Néstor Rego, que reclama ao Goberno do Estado un papel activo para garantir a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo no Grupo Losán a través da SEPI. O deputado do BNG tamén consegue o apoio da cámara baixar para que se estabelezan mecanismos que impidan a deslocalización de empresas que reciben axudas públicas.

A iniciativa do BNG debatida e votada no Congreso ten por obxectivo que o Goberno do Estado, concretamente os Ministerio de Industria e Facenda, actúe para salvagardar a actividade e os postos de traballo nun sector fundamental como é a madeira no Grupo Losán, que na Galiza posúe dúas fábricas: a de Curtis e a de Vilasantar, con máis de 200 traballadores e traballadoras.

Durante a crise da COVID-19, o Grupo Losán percibiu un montante considerábel de axudas públicas, concretamente nun préstamo participativo de 21,6 millóns e outro ordinario de 13,4 millóns. “Chama a atención -sinala Rego durante a defensa da iniciativa- que Losán fechase o exercicio 2022, cunha facturación de 343,6 millóns, xerando lucros, e que apenas 3 anos despois estea en crise.

O certo é que, a pesar dos elevados ingresos, das achegas da SEPI, doutros 7 millóns do IGAPE e de contar tamén con 19 millóns en avais do ICO, hai traballadores e traballadoras que levan catro meses sen percibir o seu salario. “A empresa non executou o plan de reestruturación da débeda conforme ao pactado, o que derivou nun agravamento da situación económica e o inicio de despedimentos colectivos e está poñendo en cuestión a continuidade da actividade” enfatiza Rego.

“Non só están en risco os postos de traballo senón tamén o coñecemento e a experiencia dun Grupo que foi referente e impulsor durante décadas, converténdose nunha referencia do sector da madeira” alerta o deputado nacionalista.

Aprobados ambos os puntos da iniciativa do BNG

“Adoptar un papel activo e, a través da SEPI como entidade investidora, estabelecer canles de comunicación coa dirección da compañía, a Xunta da Galiza e os comités de empresa das fábricas ASERPAL e LOSAN para participar no deseño dun plan de viabilidade para o Grupo Losán que asegure o mantemento da actividade industrial e dos empregos” recolle o primeiro punto aprobado da iniciativa nacionalista.

Por outra parte, para “poñer couto” ao fenómeno da deslocalización, o BNG logra sacar adiante unha resolución en que insta o Goberno a “avaliar o resultado dos investimentos públicos no sector industrial e impulsar as reformas precisas que garantan que as empresas que reciban fondos públicos manteñan unha actividade estábel e duradeira así como os postos de traballo sen que poidan acudir a ERES, fechamentos e/ou deslocalizacións”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-saca-adiante-congreso-iniciativa-garantir-actividade-emprego-grupo-losan/20260223210028042289.html

Related News

El Grup Parlamentari de Junts per Catalunya ha registrat una proposta de resolució al Parlament per reclamar al Govern un reforç integral del Cos d’Agents Rurals, amb més recursos, millores laborals, noves promocions de comandaments i un pla d’inversions per modernitzar les bases i instal·lacions arreu del país.

read more..

Saleta Chao critica a “teima” do Goberno de Rueda por non colaborar cos concellos, especialmente co de Santiago, e exixe a creación dunha comisión de coordinación como a do Xacobeo 2021

read more..

Po třech letech ve vedení Moravského zemského hnutí rezignoval na post předsedy Pavel Trčala. Zároveň také ukončil své členství v hnutí. K zásadnímu kroku ho přiměl nesouhlas s konáním některých členů hnutí i jeho rostoucí názorový rozkol s členskou základnou.

read more..

El partit menorquinista critica la guerra partidista que fan PP i PSOE amb aquesta qüestió tan seriosa

read more..

L’avenir de l’Alsace se construit avec vous ! 🇮🇩
Rejoignez-nous pour l’Assemblée Générale de Unser Land. Un moment fort pour échanger, débattre et préparer nos prochaines actions.

read more..

„Aufgrund der Komplexität einer Essstörung müssen Betroffene multiprofessionell und von echten Spezialisten beraten und behandelt werden. Aber eine Anlaufstelle, an der spezialisierte Ärzte, Therapeutinnen, Ökotrophologen und weitere Fachrichtungen ganzheitlich behandeln, gibt es gar nicht.“

Michael Schunck zu TOP 36 - Bericht zu Essstörungen in Schleswig-Holstein (Drs. 20/4089)

read more..

8 febbraio 2026

Buona domenica Amici,

benvenuti al decimo appuntamento settimanale con la newsletter della Lega, per tenervi aggiornati sull’attività del nostro movimento e sui risultati concreti ottenuti grazie al nostro lavoro al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.

read more..

Secundino Fernández alerta de que a comarca, con 32.000 habitantes dispersos e malas comunicacións, segue sen un recurso vital mentres a Xunta define o novo concurso de transporte urxente

read more..

Jarenlang werden onze standpunten over migratie weggezet als extreem, gevaarlijk of populistisch. Een nieuwe enquête van Play Media en onderzoeksbureau iVox maakt komaf met dat frame. De kloof tussen wat Vlamingen willen en wat hun regering doet, is nog nooit zo meetbaar geweest.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031