A Executiva Nacional do BNG condena a interceptación da Global Sumud Flotilla
Bloque Nacionalista Galego 20-05-2026, 11:52 protest, international
![]()
A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) condena o acto de piratería internacional ilegal cometido por Israel contra a Global Sumud Flotilla, unha embarcación humanitaria que foi interceptada en augas internacionais cando se dirixía á Gaza o 18 de maio. Esta interceptación é contraria aos tratados internacionais e calquera ataque constitúe un crime de guerra e un ataque contra a soberanía do estado do pavillón dos barcos.
Desde o BNG queremos expresar a nosa máis rotunda condena polo asalto e secuestro ás persoas activistas, entre as que se atopan seis activistas galegas, integrantes de Galiza-Global Sumud Flotilla, capítulo galego da Global Sumud Flotilla. Transmitimos asimesmo a nosa solidariedade coas persoas secuestradas e as súas familias e coas activistas galegas e do resto de tripulacións da flotilla humanitaria que están na singradura e que poden ser obxecto de interceptación, asalto e secuestro inmediato.
O BNG non vai quedar calado ante esta nova agresión do Estado sionista, non podemos seguir permitindo a impunidade de Israel. Exiximos, do mesmo xeito, ao Goberno galego, español e á Unión Europea unha resposta inmediata e contundente fronte a este novo ataque a unha misión humanitaria de denuncia do xenocidio e da ocupación de Israel en Palestina. Trátase dun secuestro ilegal en augas internacionais que vulnera o Dereito Internacional, e as persoas secuestradas e retidas deben ser liberadas de maneira urxente e inmediata, por iso esiximos ao Estado español e á Unión Europea protección diplomática, asistencia e protección para as activistas galegas do Galiza Global Sumud Flotilla para que volten a Galiza canto antes.
Reclamamos a través de varias xestións diplomáticas e iniciativas urxentes presentadas nos Parlamentos Europeo, español e galego, que se activen todas as medidas políticas e diplomáticas contra Israel, incluída a ruptura de relacións e a suspensión do Acordo de Asociación EU-Israel, e que leve a cúpula do Goberno sionista perante a Corte Penal Internacional polos reiterados ataques contra a poboación palestina e contra as misións humanitarias, e transmitimos unha vez máis toda a nosa solidariedade co Pobo Palestino.
O BNG súmase hoxe 19 de maio ás concentracións que se van levar a cabo en varios puntos de Galiza en solidariedade coas persoas secuestradas e na denuncia contra Israel por este novo acto de piratería internacional, polo xenocidio e a ocupación en Palestina. Non á impunidade de Israel, liberación das galegas secuestradas!
La Federació, amb un futur incert i en risc, compareix aquest dimarts al Parlament
read more..Il est juste de commémorer avec tristesse la mort d’Umberto Bossi, mis sur la touche et oublié, alors que sa Lega a été transformée par Matteo Salvini en un parti souverainiste d’extrême droite, désormais incompatible avec ce fédéralisme que le leader fondateur avait calqué sur la Vallée d’Aoste.
read more..COMMUNIQUÉ DE PRESSE
Union démocratique bretonne (UDB)
Les élections municipales sont désormais derrière nous. L’UDB présentait plus de 90 candidates et candidats, dont 12 têtes de liste, témoignant d’un ancrage territorial solide et d’un engagement croissant. L’UDB tient à féliciter chaleureusement l’ensemble des candidates et candidats pour leur engagement au service de nos valeurs communes.
read more..Na današnji dan riječka povijesna trobojnica postala je svečana zastava Grada Rijeke
read more..Irene Negre exigeix explicacions i mesures urgents al Govern davant l’empitjorament dels terminis de valoració
read more..Depuis la Savoie, nous vous apportons un soutien total. Parce que, ce que vous vivez aujourd’hui, nous le connaissons depuis des décennies : le refus de reconnaître l’évidence des territoires.
read more..After decades of repression under Francoism and its lingering legacy, Basque has reclaimed the streets of Tolosa. The town’s experience suggests that the revival of a minority language is not the result of isolated measures, but rather of sustained collective effort, strong political commitment, and shared social ambition.
read more..Der EU-Gipfel das Mercosur-Abkommen abgelehnt, das den Handel zwischen der EU und Südamerika stärken sollte. Dies Abkommen würde den Wettbewerb für europäische Landwirte verschärfen, da Agrarprodukte aus Südamerika günstiger werden. Die Freien Bayern fordern: Importierte Agrarprodukte müssen die gleichen Standards wie die unserer Bauern erfüllen. Ein fairer Wettbewerb ist entscheidend für eine sichere, heimische Lebensmittelproduktion. Wir brauchen unsere bayerischen Bauern!
read more..