Aprobada por unanimidade a iniciativa do BNG para a avaliación do cumprimento da Lei Ángeles Alvariño
Bloque Nacionalista Galego 22-05-2026, 13:32 legislation
![]()
O BNG acadou este mércores un novo éxito no Parlamento ao conseguir aprobar por unanimidade a proposición non de lei que exixe á Xunta a realización dunha avaliación e a elaboración dun informe sobre o grao de cumprimento da Lei Ángeles Alvariño, a norma pioneira para a igualdade no ámbito científico e investigador aprobada hai cinco anos, en xullo de 2021.
A deputada do BNG Olalla Rodil, impulsora da iniciativa, salientou a "alegría compartida" polo respaldo de todos os grupos para aprobar esta proposta de forma unánime e reivindicou que a lei "foi redactada polo Bloque Nacionalista Galego".
Rodil fundamentou a necesidade da avaliación en datos recentes, como os da Universidade de Vigo, onde as mulleres representan máis da metade do persoal investigador pero só lideran o 38,3% dos grupos de investigación e os homes duplican en número como investigadores principais. A nivel galego, as catedráticas de universidade apenas supoñen o 28,4% e as profesoras eméritas só o 9,8%. "Persisten teitos de vidro e chans pegañentos", advertiu a deputada, que tamén pediu revisar os protocolos contra a violencia machista e a formación en perspectiva de xénero. "Vexamos esa avaliación e introduzamos as modificacións que sexan necesarias na lei, pero tamén na acción do Goberno da Xunta", concluíu.
A parlamentaria nacionalista lembrou ademais que a Lei Ángeles Alvariño supuxo un fito ao introducir factores de corrección nas convocatorias de I+D para que a maternidade, a paternidade, o coidado de persoas dependentes ou procesos de enfermidades graves non penalicen a carreira investigadora, e subliñou a necesidade de seguir traballando na visibilización das mulleres científicas, na promoción da vocación investigadora entre a mocidade e na estabilidade laboral e salarial do persoal investigador para evitar o abandono nas primeiras etapas. "Ser nai ou pai non pode penalizar o teu desenvolvemento profesional —sentenciou—, e esta avaliación que hoxe aprobamos por unanimidade vainos permitir saber onde estamos e cara onde temos que avanzar".
Esquerra ha participat activament en els actes commemoratius del Dia Internacional dels Treballadors
read more..Samedi 20 juin de 11h à 17h, la Ligue Savoisienne invite tous ses membres a se retrouver le temps d’une journée à la Ferme de la résistance à la Balme de Thuy avec la participation de Jean de Pingon.
read more..Ferline wike wie de FNP-fraksje op wurkbesite by Lont út Sint Annaparochie, yn oanrin nei de behanneling fan de startnotysje wenjen yn Provinsjale Steaten. Foar de fraksje in moaie gelegenheid om yn petear te gean oer de kânsen en útdagingen op it mêd fan wenningbou yn Fryslân.
read more..Iria Taibo reclama infraestruturas básicas para as mariscadoras, a recuperación das zonas improdutivas e un compromiso real coa vindeira campaña de Nadal
A deputada nacionalista denuncia que “a Xunta leva 22 meses usando a dragaxe como escusa mentres a actividade produtiva está a piques de desaparecer” e reclama “feitos, non máis estudos”
read more..El portaveu republicà denuncia el classisme de PSOE i PP de “perpetuar un model d’infraestructures i d’inversió”
El portaveu del grup Republicà al Congrés, Gabriel Rufián, ha denunciat aquest matí davant l’executiu espanyol la desinversió i les responsabilitats del ministeri de Transports en la gestió del mal funcionament de Rodalies de Catalunya.
read more..El CIEMEN – Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions lliurarà el pròxim 6 de febrer, a les 19 h, a l’Ateneu Barcelonès, els Guardons Aureli Argemí 2026, uns premis que reconeixen trajectòries destacades en la defensa dels drets col·lectius dels pobles, la solidaritat internacional i els drets lingüístics.
read more..Xunto coa eurodeputada Ana Miranda, trasladará a Christophe Hansen a oposición do BNG a un tratado que prexudica ao sector agrogandeiro
read more.."A nusatros nos hese cuacau que se seguise a grafía oficial, pero rispetamos a posición d'a mayoría"
read more..Nous nous souvenons des 100 ans du Heimatbund d’Elsass-Lothringen, fondé sous l’impulsion d’Eugène Ricklin le 24 mai 1926.
read more..