Pontón pregunta a Rueda se vai limpar as franxas de seguridade en concellos de menos de 10.000 habitantes como anunciou no Parlamento

Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 22:30

Advirte que o prazo remata o 31 de maio para uns municipios que precisan unha “medida clave” para a seguridade de persoas e vivendas ante os lumes

Denuncia que a Xunta só restaurou 6.000 das 120.000 hectáreas queimadas o verán pasado e aínda está tramitando o 67% das axudas

Defende unha moratoria indefinida real do eucalipto, un monte multifuncional e aumentar a restauración de todas as zonas afectadas por incendios

María Albert e Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, preguntou desde A Rúa ao presidente do Executivo, Alfonso Rueda, se vai cumprir o anuncio que realizou no Parlamento de executar as franxas de protección en todos os concellos de menos de 10.000 habitantes, dado que o prazo para acometer a medida remata en apenas un mes.

“Queremos lembrar que o prazo acaba o 31 de maio e, polo tanto, queremos saber se esas franxas van a estar executadas antes desta data ou simplemente estamos ante unha nova mentira do presidente da Xunta”, advertiu Pontón, quen remarcou que esta é unha medida anunciada como “estrela” polo propio Rueda e que resulta “clave” para garantir a seguridade das persoas e das vivendas nos 257 municipios que teñen menos de 10.000 habitantes.

A portavoz nacional desprazouse ata A Rúa onde, xunto á rexedora María Albert e o deputado Secundino Fernández, avaliou con representantes dos sectores produtivos máis afectados pola vaga de lumes do pasado mes de agosto a situación actual en Valdeorras, unha das comarcas que sufriron en maior medida un “fatídico verán” que supuxo a destrución dunha parte moi importante do territorio, incluídas vivendas, e o desaloxo de miles de persoas.

Unha vaga de lumes, afondou, cuxas consecuencias seguen sendo evidentes nove meses despois, con miles de hectáreas arrasadas sen recuperar e ao que sumou os problemas derivados das choivas nas zonas afectadas polas lapas na Rúa, que arrastraron as cinzas até provocar a contaminación das augas. “Xa advertiamos que isto ía a ser un problema se non actuaba e, lamentablemente, vemos que a situación é moi grave”, remarcou.

“O que comprobamos nove meses despois é que a Xunta segue sen estar á altura porque só se actuou en 6.000 das 120.000 hectáreas ardidas e a maioría das axudas non só é que non foron pagadas, e que nin tan sequera foron concedidas”, denunciou, para sinalar a continuación que un 67% desas axudas “a día de hoxe aínda se están tramitando”. “Polo tanto, temos a un Goberno galego e a un presidente que non cumpren coa súa palabra”, reprobou.

Pontón lamentou que o Executivo de Rueda “non aprendera nada desta vaga de lumes” e, na vez de poñer en marcha cambios estruturais, estea repetindo as mesmas políticas que levaron ao País a esta situación, no que considerou unha “irresponsabilidade terrible”.

Fronte “á irresponsabilidade e as mentiras do PP”, a líder nacionalista defendeu as medidas que presentou xusto despois dos incendios o goberno alternativo do BNG no Plan da Cinza á Vida, no que aposta por un cambio radical no modelo forestal para que o monte galego deixe de ser un eucaliptal e Galiza un polvorín.

A atención inmediata ás persoas afectadas -con axudas rápidas, burocracia cero e apoio integral-, a recuperación ambiental das zonas queimadas, a posta en marcha dun novo modelo forestal ou a mellora do dispositivo de extinción para poder actuar fronte a uns lumes “moi diferentes aos de hai 20 anos” son algunhas das liñas estratéxicas dun plan que contempla un amplo abano de medidas concretas.

Entre elas, apuntou en primeiro lugar á axuda rápida e eficiente a todas as persoas afectadas, dado que “nove meses despois, unha parte moi importante das persoas que solicitaron axudas seguen sen telas pola burocracia e polo deseño das mesmas que fixo a Xunta”, remarcou, tras urxir ao Executivo a abonar as axudas ás que teñen dereito.

En segundo lugar, considerou de especial importancia cambiar a ordenación do territorio e camiñar cara a un monte multifuncional, cunha ordenación en mosaico que permita previr os incendios e cunha aposta pola diversidade de usos e polas especies autóctonas. Neste sentido, tamén avogou por unha moratoria indefinida e real fronte á “irresponsabilidade” dun Goberno do PP que continúa favorecendo a extensión desta especie en pleno cambio climático.

A portavoz nacional defendeu tamén a mellora do dispositivo de extinción con persoal contratado todo o ano e coa formación precisa para poder actuar ante estes incendios de nova xeración e a restauración real de todas as zonas afectadas polos lumes, dado que a Xunta “non está a recuperar” unhas hectáreas arrasadas, cuxa recuperación debería evitar ademais que esas zonas volvan arder “ano tras ano”.

“Quero dicirlle a todos os veciños e veciñas da comarca de Valdeorras, e tamén ao conxunto dos galegos e das galegas, que é posible un monte vivo e multifuncional e un rural onde non haxa abandono e ese o empeño desde o que estamos traballando no BNG”, sinalou, para avanzar que o Bloque vai seguir insistindo en que “os incendios apáganse no inverno con prevención, con ordenación e cun rural vivo”. “Lamentablemente, temos a un goberno da Xunta irresponsable que non aprendeu nada desta vaga de lumes e que segue cometendo os mesmos erros”, concluíu.

Pola súa parte, a alcaldesa da Rúa advertiu que o concello leva arrastrando as consecuencias dos lumes do pasado verán todo o inverno e que este pasado domingo aínda se manifestou con toda a súa virulencia, cunha “escorrentía grandísima” que evidencia a problemática derivada dos incendios.

“Levamos unha semana moi compricada, con afectación sobre todas as zonas de abastecemento, tal e como levamos sufrindo durante todos estes meses nos que a Xunta practicamente non fixo ningún traballo de restauración do terreo”, denunciou. A isto sumou o feito de que as axudas comprometidas polo Goberno de Rueda, sobre todo no sector vitivinícola, “non se están a materializar”, o que trasladou á portavoz nacional co obxectivo de denunciar a situación no Parlamento. “Os concellos que sufrimos os incendios e os afectados, tanto particulares como produtores e empresas, teñen que ter unha resposta dunha Administración que non está a facer o seu labor a día de hoxe”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-pregunta-rueda-vai-limpar-franxas-seguridade-concellos-menos-10000-habitantes-como-anunciou-parlamento/20260429160730042702.html

Related News

Vlaams minister van Onderwijs Zuhal Demir is erin geslaagd om de voorziene besparing in het secundair onderwijs voor het komende schooljaar sterk te beperken. Door een combinatie van enkele gerichte maatregelen en budgettaire meevallers kan de effectieve besparing voor het schooljaar 2026-2027 worden teruggebracht van 150 miljoen euro naar 63,5 miljoen euro. Dit is op een totaalbudget van ongeveer 6,5 miljard euro per jaar voor het hele secundair onderwijs.

read more..

Postoje ljudi koji ne ostavljaju trag samo kroz funkcije i titule, nego kroz živote koje su dotaknuli. ❤️
Dr. sc. Jasna Arrigoni bila je upravo takva osoba – pedagoginja, profesorica, vizionarka i žena koja je generacijama darovite djece u Rijeci pružala razumijevanje, podršku i vjeru u njihove mogućnosti.

read more..

Els republicans registren al Parlament les compareixences de les conselleres d’Educació i Interior

Esquerra Republicana exigeix al Govern del PSC una rectificació en l’impuls de la prova pilot per posar Mossos d’Esquadra a diferents instituts de secundària, una mesura que no ha estat presentada al Parlament i de la qual se’n desconeixen els detalls.

read more..

Negre: “El dèficit històric de transport públic de la comarca nega la igualtat d’oportunitats als seus ciutadans”

read more..

Aktuelle Meldung/Aussage:

US-General Mike Flynn postet bei X seine Meinung über das Schicksal Europas: „Ich glaube, dass die Islamisierung Europas bereits beschlossene Sache ist. Die EU hat bereits entschieden, dass dies die Richtung ist, in die sie gehen möchte (ob es uns gefällt oder nicht). Die europäischen Nationen, die versuchen, ihre Identität (und nationale Souveränität) zu bewahren, werden durch dumme Sanktionen, Propaganda und Manipulation durch linke Medien sowie wirtschaftliche und politische Erpressung in den Ruin getrieben. Millionen von Amerikanern beobachten, was in Europa geschieht, wo fast täglich junge Mädchen und Frauen Opfer von Gruppenvergewaltigungen werden, und fragen sich, warum die europäischen Politiker sich nicht lautstark darüber empören. Liegt es daran, dass sie Angst vor dem haben, was sie nicht kontrollieren können? Die Herausforderung und die Frage für uns hier in Amerika ist, ob wir zulassen werden, dass dasselbe auch bei uns geschieht … denn es geschieht mit Sicherheit….“ Quelle: https://x.com/GenFlynn/status/1996951747579773419

read more..

Black-out numérique imposé par le régime iranien laisse peu de doute sur la répression qui frappe les opposants à la république islamique. On parle de 30000 victimes et des dizaines de milliers de blessés, disparus ou arrêtés. La mémoire nous rappelle que les mollahs n’ont jamais hésité à réprimer et même torturer pour se maintenir au pouvoir. Plus récemment, une politique des otages a été enclenchée pour réduire la capacité des États à agir contre eux. C’est ainsi que depuis plus de trois ans, Jacques Paris et Cécile Kohler sont retenus en Iran, d’abord dans la prison d’Evin, puis aujourd’hui assignés à résidence à l’ambassade de France. Iranien ou étranger, le moindre soupçon sur une personne suffit à qualifier un individu d’« espion » ou de « terroriste ».

read more..

UDB Kreiz Breizh n’eo ket evit degemer ma vo lakaet en arvar ar gelennadurezh divyezhek e Karaez. Gervel a ra an dud da gemer perzh er vanifestadeg a vo aozet d’ar gwener 10 a viz Ebrel, da 4e 30 gm, dirak skol ar Republik

read more..

“Wie neutraliteit afdoet als achterhaald of onnodig streng, miskent wat er op het spel staat”, schrijft Vlaams Parlementslid Nadia Sminate in een opiniestuk op doorbraak.be.

read more..

El regidor d’Esquerra Republicana a Barcelona, Jordi Coronas, ratifica a l’Audiència Nacional la denúncia contra Israel per l’assalt a la flotilla el 2025

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031