BNG denuncia irregularidades da Seguranza Social na xestión das incapacidades temporais e exixe solucións urxentes ao Goberno

Bloque Nacionalista Galego 23-04-2026, 14:03 social

Após a denuncia realizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) sinalando esta problemática, o BNG traslada o debate ás Cortes do Estado e urxe solucións inmediatas

Néstor Rego Candamil rexistra iniciativas para que o Goberno actúe con dilixencia e garanta o cumprimento estrito da legalidade vixente

O deputado nacionalista reclama declarar nulas as suspensións indebidas das prestación e proceder ao aboamento das cantidades deixadas de percibir

Néstor Rego

Após a problemática feita pública recentemente pola Confederación Intersindical Galega (CIG), o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego Candamil, vén de rexistrar iniciativas no Congreso para que o Goberno poña fin a estas prácticas irregulares realizadas na Seguranza Social a respecto da resolución de expedientes de incapacidade temporal.

A CIG denuncia a grave situación xerada pola falta de dilixencia da Seguranza Social na resolución de expedientes de incapacidade temporal. Ante esta situación, o BNG alerta que esta práctica está a deixar a centenas de persoas traballadoras sen prestación económica, ao incumprirse de maneira sistemática os prazos legalmente estabelecidos e proceder, ademais, á suspensión dos pagamentos sen resolución administrativa expresa.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualifica estes feitos como “absolutamente inaceptábeis” e denuncia que “a actuación da Seguranza Social sitúa as persoas afectadas nunha situación de total indefensión, vulnerando dereitos básicos e impedindo o acceso a mecanismos efectivos de recurso e defensa”.

Segundo a información coñecida, existen numerosos casos en que a Administración incumpre o prazo máximo de 24 meses fixado pola lexislación para emitir resolución sobre a situación dunha persoa en incapacidade temporal por continxencias comúns. Unha vez transcorrido este período, e sen ningún acto administrativo formal, procédese á extinción do aboamento da prestación, unha práctica que o BNG considera realizada sen base legal.

Neste sentido, Rego lembra que “o texto refundido da Lei Xeral da Seguranza Social non contempla en ningún caso a posibilidade de extinguir automaticamente unha prestación sen resolución expresa”, polo que exixe ao Ministerio explicacións inmediatas sobre esta actuación.

Ante esta situación, ademais, Néstor Rego Candamil exixe ao Ministerio de Seguranza Social pór fin de inmediato a estas prácticas irregulares e garantir o cumprimento estrito da legalidade vixente. “Deben emitir con carácter urxente as resolucións pendentes sobre a situación das persoas afectadas, declarar a nulidade das suspensións indebidas das prestacións, así como proceder ao aboamento das cantidades deixadas de percibir, incluíndo os xuros correspondentes” afirma o deputado do BNG.

Así mesmo, a formación nacionalista demanda transparencia total, exixindo datos detallados sobre o número de casos nos que se incumpriron os prazos legais, tanto a nivel estatal como na Galiza.

O deputado do BNG advirte tamén de que esta situación “é máis preocupante no actual contexto de crecente criminalización das baixas médicas” impulsada por discursos que responsabilizan as persoas traballadoras das súas doenzas. Neste marco, o BNG considera necesario reverter as políticas que amplían as competencias das mutuas en ámbitos como as doenzas músculo-esqueléticas ou a saúde mental.

“O dereito á saúde e á protección social non pode ser cuestionado nin recortado por decisións administrativas arbitrarias” conclúe Rego Candamil, quen insta o Goberno a rectificar de maneira inmediata e garantir unha xestión xusta, transparente e respectuosa cos dereitos das persoas traballadoras.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-irregularidades-da-seguranza-social-xestion-das-incapacidades-temporais-exixe-solucions-urxentes-ao-goberno/20260422102733042650.html

Related News

Néstor Rego Candamil reclama ao Goberno a cobertura das prazas vacantes e a ampliación do cadro de persoal, así como eliminar a cita previa obrigatoria

O BNG defende garantir unha atención áxil, digna e de calidade en todas as oficinas da Seguranza Social na Galiza e atender especialmente a situación na Coruña

read more..

De Vlaamse regering besliste vrijdag de subsidies aan cultuurhuis Flagey voor een jaar te verlengen. Het cultuurhuis ontvangt van diverse overheden jaarlijks zo’n 3 miljoen euro subsidies waarvan 910.000 euro van de Vlaamse regering. Dat de Vlaamse regering Flagey blijft subsidiëren is geen vanzelfsprekendheid, want - alhoewel volgens de Flagey ook een vertegenwoordiger van het Vlaams Belang moet opnemen in de raad van bestuur - weigert die instelling dat doodleuk.“Flagey wil wel subsidies van de Vlaamse belastingbetaler, maar weigert de democratische spelregels na te leven”, haalde Vlaams Belang-fractieleider Chris Janssens scherp uit in het Vlaams Parlement,“Dat is ontoelaatbaar.”

read more..

Ignasi Prat adverteix que “Catalunya o és rural, o no serà” i exigeix desplegar amb urgència l’Estatut dels municipis rurals

read more..

Naar aanleiding van de vakbondsbetoging en staking van vandaag heeft fractievoorzitter in de Kamer Barbara Pas(Vlaams Belang) in De Afspraak scherpe kritiek geuit op de programmawet en het begrotingsbeleid van de regering-De Wever. Volgens Pas begrijpt het Vlaams Belang de ongerustheid van de mensen die vandaag op straat kwamen.“Die centenindex waarnaar verwezen wordt: niemand is daar voor. Niet de werkgevers, niet de werknemers, niet de Nationale Arbeidsraad. Toch kiest deze regering opnieuw voor maatregelen die de werkende Vlaming treffen, terwijl dat net het tegenovergestelde is van wat men beloofd heeft”, aldus Pas. Ze wees erop dat België al de hoogste lasten op arbeid ter wereld kent.“Meer dan de helft van je loon gaat naar de overheid. Het probleem zit niet aan de inkomstenzijde, maar bij de uitgaven.”

read more..

Saleta Chao critica a “teima” do Goberno de Rueda por non colaborar cos concellos, especialmente co de Santiago, e exixe a creación dunha comisión de coordinación como a do Xacobeo 2021

read more..

Plaid Cymru to push for a new Wales Bill and call for more powers

Today (Monday 18 May) Plaid Cymru have tabled an amendment to the King’s Speech calling for a new Wales Bill. The amendment sets out calls for stronger powers, including the devolution of rail infrastructure, the Crown Estate, justice and policing, water and social security to Wales.

read more..

Het aantal meldingen van agressie tegen hulpverleners bij de Centra Algemeen Welzijnswerk(CAW) is op twee jaar tijd geëxplodeerd. Dat blijkt uit het antwoord van minister Caroline Gennez (Vooruit) op een vraag van Vlaams Parlementslid Mercina Claesen(Vlaams Belang).“Volgens de cijfers zijn er meer dan 6 agressie-incidenten per dag bij de CAW’s, een verviervoudiging op drie jaar tijd. Dit zijn geen incidenten meer, dit is een structureel probleem. Wie vandaag hulp verleent, wordt zelf onveilig”, reageert Claesen.

read more..

„Aufgrund der Komplexität einer Essstörung müssen Betroffene multiprofessionell und von echten Spezialisten beraten und behandelt werden. Aber eine Anlaufstelle, an der spezialisierte Ärzte, Therapeutinnen, Ökotrophologen und weitere Fachrichtungen ganzheitlich behandeln, gibt es gar nicht.“

Michael Schunck zu TOP 36 - Bericht zu Essstörungen in Schleswig-Holstein (Drs. 20/4089)

read more..

Aujourd’hui, en ravivant la mémoire de Corrado Gex, je mesure avec une émotion profonde l’honneur et la responsabilité de représenter la Vallée d’Aoste là même où, avant moi, il siégea à la Chambre des députés, portant jusqu’à Rome la voix de notre Peuple, de notre Autonomie et de notre identité.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031