BNG centrará o Pleno na sanidade pública tras certificar Contas o estado crítico no que se atopa a Atención Primaria

Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 11:29 politics, social

Olalla Rodil denuncia as “consecuencias nefastas” que ten para a saúde das e dos galegos as políticas sanitarias que aplica o Goberno de Rueda

“Se Rueda non é responsable de nada e nada sabe, o mellor que pode facer é dedicarse a andar en bici e deixar que goberne outra persoa”, ironiza

Olalla Rodil

O BNG volverá levar ao Pleno os problemas que de verdade preocupan aos galegos e as galegas e por iso a portavoz nacional, Ana Pontón, vai centrar a súa pregunta a Rueda no estado crítico no que se atopa a sanidade pública e, máis en concreto, a Atención Primaria, tal e como vén de constatar nun demoledor informe o Consello de Contas.

Así o avanzou a viceportavoz nacionalista no Parlamento, Olalla Rodil, quen explicou que Pontón interrogará a Rueda sobre esta cuestión tras vetar o PP a súa comparecencia, “como é habitual e costume” canto se trata de abordar as preocupacións da xente. Neste caso, a perda de calidade da atención sanitaria reflectida por Contas e “as consecuencias nefastas para a saúde das galegos e dos galegos que ten a política sanitaria do Goberno do PP na Xunta”.

“Se Rueda non é responsable de nada e nada sabe, o mellor que pode facer é dedicarse a andar en bici e deixar que goberne outra persoa”, ironizou Rodil sobre os motivos expostos polo presidente da Xunta para non responsabilizarse do informe de Contas.

Un informe demoledor que constata, mais unha vez, o que o BNG denuncia desde hai anos, poñendo de relevancia, entre outras cuestións, que Galiza é a segunda comunidade, despois de Madrid, con menor investimento na Atención Primaria, que só absorbe un 12 % do gasto sanitario, cifra “afastadísima” do 25 % recomendado pola OMS.

Tal e como explicou Rodil, Pontón tamén pedirá a Rueda explicacións pola “cobertura insuficiente e desigual”, especialmente no rural, no que ten que ver coa atención sanitaria infantil posto que , segundo confirma Contas, ata 160 concellos galegos, o 60 % do total, carecen de pediatra, e outros 96 teñen que compartir o servizo.

A iniciativa do BNG, o presidente da Xunta terá que responder así mesmo polas consecuencias que está a ter a falta de persoal en toda a estrutura do Sergas, cun 28 % de prazas vacantes. “Hai categorías fundamentais como as matronas, nas que Contas sitúa as vacantes en seis de cada dez prazas”, explicou Rodil, que destacou, neste punto, “as listas de espera inadmisibles” que vulneran o dereito dos e das galegas a recibir unha atención sanitaria de calidade, próximo e accesible.

Recuperar concesións hidráulicas

Entre as iniciativas que o BNG vai presentar para o seu debate no próximo pleno figura, por outra banda, unha proposición non de lei para que a Xunta recupere para o público as concesións hidráulicas que caducaron, como é o caso das do río Tambre, que se atopan na demarcación Galiza Costa, competencia da Xunta.

“Falamos duns dereitos de explotación, até o de agora en mans de Naturgy, que están a xerar enormes beneficios empresariais sen reverter en absoluto no territorio e na xente do País”, salientou a deputada nacionalista que, a modo de exemplo, explicou que unha minicentral das caducadas de 2,3 MW pode producir uns 14GWh o que, cun custe de produción que non supera os 10 €, supón ingresos superiores aos 2 millóns de euros.

A proposta do Bloque pasa por que as concesións recuperadas sexan xestionadas por unha empresa pública galega de enerxía, “de maneira que a riqueza de Galiza contribúa ao desenvolvemento económico e social deste País, non a seguir engordando o negocio dun puñado de empresas que nin sequera contribúen aquí”.

Volver ao consenso lingüístico

Ás portas do 17 de maio, o BNG tamén defenderá no Pleno unha iniciativa para que de maneira urxente se apliquen as medidas aínda vixentes do Plan de Normalización Lingüística de 2003, co obxecto de recuperar o consenso lingüístico que “rachou” o PP e reverter a perda de falantes e mesmo o descoñecemento das xeracións máis novas da lingua propia.

“Despois do informe demoledor do IGE sobre a situación crítica da lingua galega seguimos sen saber absolutamente nada de que pensa facer a Xunta para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos”, criticou Rodil, para cuestionarse a continuación sobre si realmente o PP “o único que quere é que todo siga igual”.

Lugo: uso de cartos públicos para manobras escuras

A través doutra iniciativa no Pleno, o BNG esixirá explicacións e responsabilidades ao Goberno de Rueda polo “uso partidista” da Xunta e dos recursos públicos “que son de todas e todos os cidadáns do País” para “favorecer operacións e manobras políticas como a indigna e indecente moción de censura de Lugo.

Rodil reiterou, neste punto, que tanto a conselleira de Medio Ambiente como Rueda “mentiron” sobre a xefatura territorial do litoral en Lugo despois de que o Bloque advertise publicamente de que a Xunta convocou a praza a medida da edil tránsfuga que precisa o PP para a moción de censura.

“Rueda dixo que renunciara o día 21, oh casualidade, o mesmísimo día que sacan a praza. Nunca tal velocidade tivo a Administración!. Sería curioso se non fose mentira proque, insisto, onte luns 27 de abril esa persa, que é unha vítima máis dos chanchullos do PP, estaba no seu posto de traballo”, expuxo.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-centrara-pleno-sanidade-publica-certificar-contas-estado-critico-que-atopa-atencion-primaria/20260428144301042699.html

Related News

De Raad van State heeft de befaamde twaalfminutenregeling in de Vlaamse Rand vernietigd. Dat was een afspraak rond urgent ziekenvervoer waarbij ziekenwagens een patiënt, op diens verzoek en als het niet meer dan twaalf minuten extra rijtijd kostte, naar een Nederlandstalig ziekenhuis mochten brengen in plaats van naar het dichtstbijzijnde ziekenhuis. “Een levensgevaarlijke beslissing van de Raad van State”, oordeelt Kamerlid Kurt Moons. “Vlaamse patiënten komen in de Rand zo opnieuw terecht in een noodsituatie die hun veiligheid ondermijnt.” Het Vlaams Belang eist dat minister van Volksgezondheid Frank Vandenbroucke onmiddellijk stappen neemt om die vernietiging ongedaan te maken.

read more..

On the Guajira Peninsula in Colombia, where the desert meets the sea, the Wayuu people have sustained for centuries a way of life rooted in territory, the spoken word, and memory. Today, this ancestral balance is facing unprecedented pressure: the expansion of mining, large-scale wind energy projects, armed conflict, and structural poverty are putting at risk not only their lands, but also their culture, their spirituality, and their right to decide their own future.

read more..

Junqueras es reuneix amb personalitats destacades com la primera ministra, Michelle O’Neill, i Gerry Adams

Una delegació d’Esquerra Republicana encapçalada pel president del partit, Oriol Junqueras, manté aquest cap de setmana reunions a Irlanda del Nord amb personalitats polítiques destacades per teixir aliances amb Catalunya. Aquest dissabte, Junqueras s’ha trobat amb la primera ministra, Michelle O’Neill, per compartir impressions en un context polític preocupant i marcat per la inestabilitat global i l’auge de l’extrema dreta. Els republicans són a Irlanda del Nord coincidint amb el Congrés del Sinn Féin.

read more..

Soll Bayern wirklich das Schicksal Europas und Deutschlands teilen oder seinen eigenen Weg gehen? Sicherheit, Rechtsstaat und Selbstbestimmung stehen auf dem Spiel. Wie kann Bayern seine Bürger schützen und souverän werden?

read more..

Dès novembre 2022, lors de notre dernier Congrès, Corsica Libera appelait « à jeter les bases d’un regroupement plus large des forces qui se situent dans une démarche d’essence nationale ». Cet appel fut par la suite réitéré solennellement depuis la tribune des Ghjurnate Internaziuale en août 2023. À cette occasion, nous affirmions que notre organisation politique se tenait prête à prendre sa part dans la constitution d’une démarche nouvelle et ce « non pas dans l’intérêt d’un sigle ou d’un pré carré politique mais en ayant pour boussole l’intérêt de cette terre et de la nation toute entière ».

read more..

Zur Diskussion um die Situation in Gaarden erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:

„Der Kieler Stadtteil Gaarden liegt der SSW-Ratsfraktion sehr am Herzen. Wir hatten deshalb in den Haushaltsberatungen im Dezember 2023, als die Kooperation unsere Stimmen für die Mehrheit zum Haushalt benötigte, finanzielle Mittel in Höhe von 1,4 Millionen, überwiegend für Sozialarbeit und die Verstärkung des Kommunalen Ordnungsdienstes (KOD) auf dem Ostufer, in den Haushalt hineinverhandelt. Leider wurden die Mittel für die Sozialarbeit in Gaarden von Grün-Rot wieder zusammengestrichen und der KOD hat immer noch keinen Stützpunkt in Gaarden.

read more..

In questi giorni, con l’arrivo in Consiglio regionale della Legge, sta tornando al centro del dibattito politico il tema delle Province e, più in generale, dell’organizzazione degli enti locali. Quali funzioni devono svolgere gli enti di area vasta? Quali criticità ha mostrato il sistema attuale? E quali opportunità potrebbe offrire una sua riforma, anziché un ritorno al passato?

read more..

Op de derde hoorzitting in het dossier i-Police vandaag weigerde minister Annelies Verlinden(cd&v) enige verantwoordelijkheid te nemen.“Ongeziene minachting tegenover de belastingbetaler”, reageert voorzitter van de commissie Binnenlandse Zaken Ortwin Depoortere.“Enkel een onderzoekscommissie kan deze doofpot opentrekken.”

read more..

Aquesta setmana, Oriol Junqueras ha dut a terme una agenda política intensa al Parlament Europeu de Brussel·les, amb diverses trobades d’alt nivell que consoliden la presència d’Esquerra Republicana en els principals debats europeus. En aquesta agenda europea, el president d’Esquerra Republicana ha estat acompanyat de l’eurodiputada i adjunta a la presidència del partit, Diana Riba, i per Adrià Guevara, Secretari de Relacions Internacionals del partit. En l’àmbit institucional, Junqueras s’ha reunit amb dos vicepresidents del Parlament Europeu: l’ecologista romanès Nicolae Ștefănuță i la socialista alemanya Katarina Barley, amb qui ha compartit reflexions sobre el moment polític de la Unió Europea, els reptes democràtics, socials i ambientals, així com el paper del Parlament davant l’actual escenari internacional.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031