Pontón destaca ante o Goberno de Lula da Silva as vantaxes de Galiza para acoller investimentos de vangarda desde Brasil

Bloque Nacionalista Galego 26-04-2026, 14:01 international

Ana Miranda, Márcia Lopes e Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro coa ministra brasileira da Mulher, Márcia Lopes, na que trasladou ao Goberno de Lula da Silva o atractivo e as vantaxes de Galiza para acoller investimentos de vangarda procedentes de Brasil, así como a potencialidade que teñen as empresas e os sectores produtivos galegos para incrementar as relacións comerciais co país americano.

“Somos un País que ten uns sectores económicos que teñen moito que ofrecer e tamén somos unha terra onde as empresas brasileiras poden poñer en marcha os seus proxectos de vangarda, tecnolóxicos e respectuosos co medio ambiente”, sinalou a líder do BNG tras poñer en valor a vocación atlántica que comparten ámbolos dous países en sectores como a pesca, a acuicultura ou a construción naval.

Nunha reunión na que estivo acompañada pola eurodeputada e responsable da Área de Internacional, Ana Miranda, e que se celebrou onte ás 16 h, hora local, Pontón tamén salientou a importancia da lingua á hora de ampliar e reforzar as relacións económicas e culturais entre Galiza e Brasil.

“Temos un nexo común que nos une que é a lingua e esta é unha ponte que nos permite comunicarnos e unha vantaxe tanto desde o punto de vista da relación económica, como desde a cultural”, indicou, para poñer en valor a fortaleza que dá a ámbolos dous países compartir un idioma común.

Neste contexto, avogou por fortalecer vínculos e ampliar as relacións económicas e culturais tamén en ámbitos como o da universidade ou o da investigación, impulsando un maior intercambio universitario e a colaboración investigadora, particularmente en áreas como as ciencias do mar, a biotecnoloxía, a lingua e a cultura.

Outro dos asuntos abordados na reunión coa ministra da Mulher estivo centrado loxicamente nas políticas de igualdade. “Queremos coñecer as políticas que está aplicando o Goberno de Brasil neste ámbito e, ao mesmo tempo, tamén lle trasladamos a experiencia de goberno do BNG na defensa das mulleres, na loita pola igualdade e na promoción de políticas públicas para acabar coa violencia de xénero”, afondou Pontón, quen compartiu a súa preocupación con Lopes polo avance do discurso regresivo e negacionista da violencia machista por parte da extrema dereita, a un lado e outro do Atlántico.

Por iso e fronte á “onda machista e regresiva” que quere volver ás mulleres “para atrás”, avogou por fortalecer as políticas públicas que protexen a igualdade, que implican máis dereitos e que permiten construír unha sociedade máis igualitaria, é dicir, máis democrática.

“Temos que reforzar ás mulleres nun momento no que hai unha extrema dereita que quere levarnos para atrás e as mulleres o que temos é que seguir dando pasos para adiante porque queda moita igualdade por conquistar”, concluíu.

A portavoz nacional continuou xunto á responsable da Área de Internacional a súa axenda no marco do 8º Congreso do Partido dos Traballadores do presidente Lula da Silva con diversos encontros bilaterais. Entre eles, o que mantivo co responsable da Secretaría de Relacións Internacionais do PT e vicepresidente segundo do Senado, Humberto Costa, con quen compartiu as posicións do BNG en relación a asuntos como a situación internacional, os conflitos bélicos ou a involución de dereitos e liberdades pola expansión da extrema dereita, a ámbolos dous lados do Atlántico.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-destaca-goberno-lula-da-silva-vantaxes-galiza-acoller-investimentos-vangarda-brasil/20260425150526042681.html

Related News

Kamerlid Kathleen Depoorter diende een resolutie in om HIV-testen toegankelijker en laagdrempeliger te maken via apotheken. Door apothekers een grotere rol te geven in de vroegtijdige opsporing van HIV, wil ze het aantal laattijdige diagnoses terugdringen. “Te veel mensen krijgen vandaag nog te laat de diagnose. Dat is onaanvaardbaar”, stelt Depoorter. “Wie tijdig wordt getest en behandeld, heeft een quasi normale levensverwachting en is niet langer besmettelijk.”

read more..

El grup parlamentari de Junts registrarà una proposició de llei per lectura única per modificar el Decret llei 5/2026 que va aprovar ahir dijous el Parlament, de mesures urgents en matèria de transport públic interurbà de viatgers per carretera, amb l’objectiu d’assegurar el coneixement del català entre el personal del servei. La iniciativa plantejarà modificar la normativa per incorporar explícitament que el personal del servei tingui com a requisit necessari els mínims coneixements de català, fixats en un nivell B1, en el marc de la renovació de la flota i l’increment de l’oferta de serveis.

read more..

Naar aanleiding van de vakbondsbetoging en staking van vandaag heeft fractievoorzitter in de Kamer Barbara Pas(Vlaams Belang) in De Afspraak scherpe kritiek geuit op de programmawet en het begrotingsbeleid van de regering-De Wever. Volgens Pas begrijpt het Vlaams Belang de ongerustheid van de mensen die vandaag op straat kwamen.“Die centenindex waarnaar verwezen wordt: niemand is daar voor. Niet de werkgevers, niet de werknemers, niet de Nationale Arbeidsraad. Toch kiest deze regering opnieuw voor maatregelen die de werkende Vlaming treffen, terwijl dat net het tegenovergestelde is van wat men beloofd heeft”, aldus Pas. Ze wees erop dat België al de hoogste lasten op arbeid ter wereld kent.“Meer dan de helft van je loon gaat naar de overheid. Het probleem zit niet aan de inkomstenzijde, maar bij de uitgaven.”

read more..

“De steekpartij tussen twee dakloze illegalen in de gebouwen van de parking van Brussels Airport is exact datgene waar ik al langer voor waarschuw”, zegt Kamerlid en voorzitter van de commissie Binnenlandse Zaken Ortwin Depoortere(Vlaams Belang).“Onze nationale luchthaven dreigt een verzamelplaats te worden voor overlast, geweld en illegaliteit. Brussels Airport moet een luchthaven zijn, geen opvangzone met parkings. Maatregelen zijn dringend noodzakelijk.”

read more..

El secretari general; la diputada al Parlament, Ariadna Urroz; el president comarcal de Junts al Baix Llobregat, Pere Clota; i el president local de Junts a Cervelló, Armand Sancho; ofereixen un col·loqui en el marc de la campanya “Junts Respon”

read more..

El Parlament de Catalunya ha aprovat una moció de Junts per Catalunya que situa com a objectiu prioritari incrementar la inversió pública en cultura fins a assolir aproximadament els 275€ per habitant, entre les diferents administracions, una xifra que s’alinea amb la mitjana europea en despesa cultural.

read more..

Vorige week sprak hij nog voor VVB Midden-West-Vlaanderen in Roeselare, vandaag staat VNZ-voorzitter Jürgen Constandt weer in de krant met een zeer relevante bijdrage: "Toch weer hallucinante cijfers in het kader van de voorkeurregeling in de ziekteverzekering eind 2025: 17,6% in Vlaanderen, 25% in Wallonië en zelfs 35,6% in Brussel!"

read more..

Wegen zunehmender politischer Differenzen hat der oberbayerische Bezirksrat Christian Zeininger Partei und Fraktion der FW verlassen und ist der Bayernpartei beigetreten.

read more..

Carme da Silva Méndez require ao Goberno do Estado abandonar a opacidade e cumprir os compromisos adquiridos coa Galiza

A senadora do BNG demanda coñecer os verdadeiros plans do Ministerio para con esta infraestrutura estratéxica e garantir a chegada do AVE a Ourense

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031