BNG advirte do “escenario preocupante” da gripe aviaria e exixe medidas preventivas ante o risco no sector vacún

Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 11:43

Ariadna Fernández denuncia que o PP rexeitou unha proposición non de lei que instaba a activar plans de continxencia, formación en bioseguridade e control nas importacións, nun contexto de aumento de gromos en Europa e primeiros casos en humanos e gando vacún na UE

Ariadna Fernández

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Ariadna Fernández, alertou hoxe da “complexa situación sanitaria” que atravesa a cabana gandeira galega ante o avance da gripe aviaria, unha crise que, ao seu xuízo, está a ser xestionada “sen a responsabilidade necesaria” polo Goberno de Rueda. Fernández fixo estas declaracións tras o rexeitamento por parte do PP dunha proposición non de lei do seu grupo que reclamaba un paquete urxente de medidas para reforzar a prevención e garantir a bioseguridade fronte ao virus.

A nacionalista subliñou que a alarma non se circunscribe só ao sector avícola, xa que a gripe aviaria suma un novo factor de risco ao detectarse recentemente a presenza do virus en gando vacún na Unión Europea. “Dende que falamos deste asunto na comisión, onde se nos acusou de alarmistas, producíronse dous feitos importantes e totalmente previsibles: a detección de anticorpos en vacún nos Países Baixos e o primeiro caso en humanos en Italia”, sinalou Fernández, quen engadiu que “o que parecía lonxe, igual que a DNC ou a EHE, xa está aquí”.

A deputada puxo en valor a necesidade de “mirar o que ocorre ao noso arredor” e de aprender das experiencias dos Estados Unidos, onde a enfermidade afectou a case mil explotacións de vacún de leite. Neste senso, avisou do “desastre” que suporía a chegada do virus ás granxas galegas, tanto polo sacrificio de animais como polo impacto nos mercados e nos prezos. “Somos importadores de animais de zonas de Europa onde xa hai casos; debemos blindar o noso sector gandeiro na súa totalidade e controlar que no transporte de gando non veña incluída a gripe aviaria”, demandou.

Entre as medidas reclamadas polo BNG e incluídas na iniciativa rexeitada polo PP, Fernández destacou a elaboración dun plan de continxencia dotado economicamente, o desenvolvemento de plans informativos e de formación en bioseguridade para persoas traballadoras do sector (especialmente gandeiros e veterinarios), así como o control rigoroso das importacións de animais vivos. “Máis alá da avicultura intensiva, extensiva e de autoconsumo, temos que protexer tamén ao vacún e evitar a exposición a riscos innecesarios. O Goberno do PP prefire non falar de crises sanitarias porque non quedan ben con cada unha delas. É triste ter que pedir constantemente realismo e actuación, pero ese é o nivel desta Xunta”, concluíu a deputada.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-advirte-do-escenario-preocupante-da-gripe-aviaria-exixe-medidas-preventivas-risco-sector-vacun/20260327143037042527.html

Related News

BOZEN – Der Südtiroler Schützenbund zeigt sich verwundert über die vom Land Südtirol genehmigte Finanzierung neuer Infrastrukturen für die Drei-Zinnen-Hütte (Sepp-Innerkofler-Hütte) in Höhe von knapp vier Millionen Euro Steuergeld.

Wie aus einem Bericht der Tageszeitung Dolomiten vom 7. Jänner 2026 hervorgeht, sollen Abwasserleitungen, Stromversorgung und Glasfaseranbindung über eine rund 4,8 Kilometer lange Trasse realisiert werden.

read more..

On peut aimer ou pas le graphisme de l’affiche de la CeA, mais une chose est sûre : elle ne fait que mettre en avant les couleurs de l’Alsace et son texte met le doigt là où ça fait mal chez les adversaires de la cause alsacienne. Ce n’est pas le graphisme de l’affiche qui dérange certains, c’est le fait qu’elle rappelle l’injustice et le déni de démocratie dont l’Alsace est victime.

read more..

Vandaag organiseerde onze Antwerpse provinciale afdeling een eerste 'open vergadering' in Mechelen-Battel. Tijdens deze bijeenkomst gaf nationaal bestuurslid Benjamin Ariën een heldere uiteenzetting over het belang en de rol van de Vlaamse Volksbeweging. Hij lichtte toe hoe onze organisatie zich inzet voor Vlaanderen en hoe lokale afdelingen daarin een belangrijke schakel vormen.

read more..

CHRISTOPHER RIVAS DENUNCIA EL DETERIORO DE LA SANIDAD PÚBLICA ANDALUZA Y EXIGE UN PLAN URGENTE CONTRA LAS LISTAS DE ESPERA
La Coalición Andalucistas–Pueblo Andaluz apuesta por reforzar la atención primaria y garantizar servicios sanitarios dignos en el mundo rural

read more..

Búskapurin buldrar avstað og vit hava búskaparvøkstur hvørt ár. Tað hoyra vit dag og dagliga – vøksturin í BTÚ var 5,8% sambært nýggjasta metingin fyri 2025 frá Búskaparráðnum. Ríkisveitingin er til samanberingar einans 2%. Men hetta kemur als ikki øllum til góðar. Vit hava ikki karmarnar til at steðga bløðingini av ungum sum flyta av landinum, og prísirnir á bústaðarmarknaðin eru ov høgir til vanlig fólk at sleppa framat.

read more..

El portaveu del grup parlamentari, Salvador Vergés, ha presentat avui en roda de premsa les conclusions d’un informe jurídic de Junts que certifica la viabilitat de la rescissió del contracte de gestió del servei de RENFE per part de Generalitat de Catalunya. Per això, Vergés ha advertit que si l’operadora continua a Catalunya és perquè, políticament, el PSC ho vol.

read more..

Nieuwe cijfers die voorzitter van de commissie Binnenlandse Zaken Ortwin Depoortere(Vlaams Belang) opvroeg bij minister van Binnenlandse Zaken Bernard Quintin(MR) tonen aan dat het Belgische drugsbeleid fundamenteel scheef zit.“België is niet alleen een doorvoerland, maar ook een uitgesproken gebruiksland, terwijl de gebruiker vandaag nog te vaak buiten schot blijft”, stelt Depoortere.

read more..

Kamerlid Kathleen Depoorter diende een resolutie in om HIV-testen toegankelijker en laagdrempeliger te maken via apotheken. Door apothekers een grotere rol te geven in de vroegtijdige opsporing van HIV, wil ze het aantal laattijdige diagnoses terugdringen. “Te veel mensen krijgen vandaag nog te laat de diagnose. Dat is onaanvaardbaar”, stelt Depoorter. “Wie tijdig wordt getest en behandeld, heeft een quasi normale levensverwachting en is niet langer besmettelijk.”

read more..

Isabel Lasobras, Secretaria General de CHA, recuerda que España sigue siendo la potencia administradora del territorio y exige al Gobierno que adopte una posición clara y coherente.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031