BNG exixe destinar o gasto en Defensa a “defender verdadeiramente a xente despregando medidas de protección social”
Bloque Nacionalista Galego 12-03-2026, 08:18 EU-scepticism, independence, politics, social
Carme da Silva reclama ao Goberno a saída do Estado español da OTAN: “o non á guerra é incompatíbel co si á OTAN”
“Vivimos constantemente guerras imperialistas polo control dos recursos. Esta é unha guerra anunciada. Trump é un criminal e Netanyahu, un xenocida” denuncia
“Ése moi estrito para o gasto en educación, en sanidade... Mais non se é estrito no caso de aumento do gasto militar” critica mentres lamenta que a Vicepresidenta abra a porta a activar a cláusula de escape e incumprir as regras para destinalo a Defensa
![]()
A senadora do BNG, Carme da Silva, aproveita a comparecencia da Vicepresidenta Primeira e Ministra de Facenda para reclamar ao Goberno do Estado destinar o incremento do gasto en Defensa a medidas de protección social ante a inflación e suba de prezos pola guerra imperialista impulsada polos Estados Unidos e o Estado sionista de Israel. A organización nacionalista sinala que as consecuencias desta guerra non as poden pagar as maiorías sociais e urxe levar a cabo medidas de protección social.
Durante a comparecencia no Senado da Ministra de Facenda, María Jesús Montero, o BNG alerta de que o incremento do orzamento para Defensa “non é puntual senón un incremento a futuro” que obrigará ao Estado español a chegar “até 5% do gasto total”. “Isto é destinar a incremento do gasto militar en 2025, o dobre do que a Xunta de Galiza gasta en Sanidade” exemplifica a senadora nacionalista.
Ante esta situación, e co obxectivo de que as maiorías sociais non volvan pagar novamente as consecuencias da guerra, Carme da Silva reclama a Montero que non se destinen os recursos de defensa á guerra senón “a defender verdadeiramente a xente despregando medidas de protección social”.
“As guerra detraen recursos de políticas sociais: vivenda, sanidade, investigación, educación, dependencia, etc. O Goberno do Estado non pode renunciar a destinar esa cantidade de recursos. Está moi ben o non á guerra mais ten que continuar con accións que demostren que se está en contra da guerra” incide Carme da Silva durante a comparecencia de Montero.
Segundo sinala a senadora do BNG, o incremento dos beneficios da industria armamentística estadounidense é absolutamente obscena e obedece a unha lóxica belicista: “vivimos constantemente guerras imperialistas polo control de recursos. Esta é unha guerra anunciada onde Trump é un criminal e Netanyahu, un xenocida” denuncia.
Así mesmo, a senadora do BNG exixe ao Goberno incluír un reforzo de gasto ante un escenario inflacionista onde as diferentes administracións públicas verán incrementados os gastos e habilitar un mecanismo para que as entidades públicas poidan facer frente a este aumento dos custos. “Son gastos básicos que as administracións locais e autonómicas deberán asumir. Son consecuencias directas da guerra” evidencia, convidándoa a defender a xente das consecuencias da guerra.
Por último, Carme da Silva lamenta que a Vicepresidenta abra a porta a que o Goberno do Estado “poida, nun futuro, activar a cláusula de escape e incumprir as regras de gasto para aumentar as partidas do gasto militar”. A senadora do BNG sinala que xa se está detraendo recursos doutras partidas para incrementar o gasto en Defensa –a través de modificacións orzamentarias- e denuncia que o Goberno do Estado e a Unión Europea “son moi estritos para o gasto en educación, en sanidade... Mais non se é estrito no caso de aumento do gasto militar”.
Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI podneće krivičnu prijavu protiv gradonačelnik Kraljeva Predraga Terzića zbog počinjenog krivičnog dela Povreda ugleda zbog rasne, verske, nacionalne ili druge pripadnosti.
read more..La Cambra reclama les mateixes responsabilitats per la consellera Niubó si no és capaç d’arribar a un acord immediat amb els sindicats majoritaris d’educació
read more..Viele Brücken in Schleswig-Holstein sind marode und müssen ersetzt werden. Daher ist eine Brückenstrategie sinnvoll, die Systematik kann aber nicht für sich betrachtet werden. Das Erhaltungsprogamm für die Landesstraßen muss dabei mitgedacht werden.
read more..BOZEN/WANGEN – Mit tiefer Trauer nimmt der Südtiroler Schützenbund Abschied von Schützenhauptmann Franz Winkler, der am 23. April 2026 im Alter von 70 Jahren infolge eines tragischen Unfalls verstorben ist.
read more..Asielzoekers die verblijven in federale opvangcentra kregen het voorbije jaar gratis treintickets toegestopt voor een bedrag van 1.398.330 euro.“Een bedrag dat jaar na jaar stijgt”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Frank Troosters, die de cijfers opvroeg bij minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt(N-VA).“En een bedrag dat beter besteed wordt aan onze eigen mensen die financieel nauwelijks rondkomen in plaats van aan pleziertripjes voor nieuwkomers.”
read more..Gisteren schrapte de Raad van State de regeling die patiënten uit de Vlaamse Rand toeliet om met de ambulance naar een Nederlandstalig ziekenhuis gebracht te worden. Dit na één klacht van een Franstalig ziekenhuis.
read more..In De Tafel van Gert reageerde Vlaams minister van Mobiliteit Annick De Ridder op de recente gewelddadigheden op de Kusttram in De Haan, waarbij 7 mensen gewond raakten. De beelden van het incident laten de minister niet onberoerd: “Hier gaat mijn bloed van koken.”
read more..Ana Miranda e Iria Castro mantiveron un encontro informativo en Castroverde sobre as consecuencias negativas do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur
read more..Two days after Cornwall Council’s ruling Cabinet voted to “accept the UK Government’s intention to designate Cornwall Council as a single Foundation Strategic Authority (FSA),” the Prime Minister announced that he would give “all mayors of city regions in England a share of income tax revenue … as part of his drive to transfer power from Westminster to local leaders.”
read more..