BNG censura o talante antidemocrático de Sanidade e úrxelle a negociar co sindicato maioritario das traballadoras e traballadores do Sergas
Bloque Nacionalista Galego 12-03-2026, 22:08 politics, social
Montse Prado acusa á Consellería de agravar os problemas na Atención Primaria abocándoa “cara o precipicio” en contra da saúde das galegas e dos galegos
![]()
A portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Montse Prado, censurou o “totalitarismo” e o “talante antidemocrático” do PP na Consellería de Sanidade por negarse a negociar coa organización sindical maioritaria no Sergas, a CIG, negándolle deste xeito a súa representación entre os traballadores e traballadoras e os dereitos do cadro de persoal.
Prado urxiu así á Consellería a convocar ao comité de folga diante da protesta convocada hoxe nos centros de saúde e nos PAC polo sindicato para reclamar melloras na Atención Primaria que, denunciou, atópase nunha “situación límite”. “É algo realmente inaudito, porque cando hai un conflito, o mínimo é sentar a falar coas partes”, asegurou a deputada nacionalista, que equiparou a actitude do PP neste conflito coa mesma “práctica antidemocrática” que supón o veto político ao candidato do BNG para adxunto á Valedoría do Pobo.
“Cando O PP non recoñece a representatividade do sindicato maioritario ignora tamén a situación límite na que se encontra a Atención Primaria”, engadiu a deputada durante unha intervención na Comisión 5ª para defender, precisamente, unha iniciativa con medidas para frear o proceso de deterioriación no que o Goberno de Rueda ten sumidos os centros de saúde e PAC do País.
Prado subliñou que os e as profesionais que hoxe están en folga reclaman, entre outras cuestións, axendas asistenciais que lles permitan atender ás persoas doentes “cun mínimo de calidade”, a redución da sobrecarga de traballo, máis persoal nas distintas categorías profesionais ou medidas estruturais que garantan a atención aos cidadáns galegos, que hoxe teñen que agardar ata tres semanas por unha cita coa súa médica ou médico de cabeceira.
Douscentos concellos sen pediatra, máis de 360.000 persoas en listas de agarda para asistencia hospitalaria ou un recorte acumulado de 1.700 millóns de euros na Atención Primaria desde que goberna o PP foron algún dos datos que destacou Prado na súa intervención, na que tamén lembrou que Galiza é o segundo territorio do Estado que menos inviste na porta de entrada á sanidade pública. “Só nos supera neste lamentable ranking o Madrid de Ayuso”, apuntou.
No mesmo sentido, subliñou que Galiza conta hoxe en día coa cifra máis baixa de persoal médico dos últimos quince anos, que a taxa de temporalidade en enfermería é do 54 % e do 48 % entre os profesionais da medicina ou que, segundo o Barómetro Sanitario, máis do 20 % das persoas doentes que precisan asistencia na Atención Primaria non a conseguen.
Diante desta situación, criticou que a “única alternativa” que ofrece o PP é que os e as profesionais traballen “en condicións de excepcionalidade permanente”, obrigándolles a facer o mesmo traballo con menos persoal.
A portavoz de Sanidade do BNG emprazou o Executivo de Rueda a escoitar á cidadanía na rúa e a deixar de “burlarse” dos e das profesionais da sanidade poñendo enriba da mesa medidas reais e non “de cara á galería” para salvar a Atención Primaria da “situación dramática” na que se atopa como consecuencia das súas políticas. “A estratexia do PP e facer que fai mentres leva a Atención Primaria ao precipicio”, denunciou.
Reclamou, neste punto, un aumento do orzamento para este eido da sanidade, ata chegar ao 25 % do investimento do Sergas nesta lexislatura, e rematar coa política de precariedade e explotación nas condicións laborais, que está provocando que o persoal fuxa “espavorido” da medicina de familia.
Xunto a estas dúas medidas, a iniciativa do BNG, rexeitada polo PP, demandaba a posta en marcha dun plan de retorno, captación e fidelización de profesionais, con ofertas atractivas e competitivas tanto no ámbito económico como das condicións laborais.
A proposta nacionalista para a Atención Primaria pasa así mesmo pola incorporación de categorías novas en número suficiente para formar auténticos equipos disciplinares (psicoloxía clínica, terapeutas ocupacionais, logopedas, traballadoras sociais, profesionais da podoloxía e da nutrición...), así como a derrogación da Lei 2/2022, de 6 de outubro, de medidas extraordinarias para provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde.
Prado rematou a súa intervención reprobando ao conselleiro a “soberbia” que supón non escoitar o que lle están a reclamar os e as traballadoras, e a xente na rúa, e receitándolle “menos mentira e un pouco máis de acción” para resolver os problemas da Atención Primaria.
Nu ook in Nederland asbest werd aangetroffen in kinderspeelzand, roepen de bevoegde federale ministers op om speelzand voorlopig niet meer te gebruiken of te verkopen. Voor Vlaams Parlementslid Andy Pieters komt die actie rijkelijk laat. Pieters trok in november al aan de alarmbel, na gelijkaardige incidenten in Australië en Nieuw-Zeeland.
read more..A deputada Noa Presas reproba o nomeamento de Alfonso Villares como delegado da Xunta en Lugo e critica a “actitude contraria ás vítimas” do PP
read more..Vlaams Belang-fractieleider in de Kamer Barbara Pas diende samen met haar fractie opnieuw een reeks amendementen in op de programmawet van de regering-De Wever om de geplande accijnsverhogingen op brandstoffen en energieproducten te blokkeren."Terwijl brandstofprijzen naar ongekende hoogtes stijgen en de helft van de kostprijs al uit taksen bestaat, en de N-VA in het Vlaams Parlement er nog een extra Europese klimaattaks doorduwde, weigert het kernkabinet-De Wever elke maatregel”, aldus Pas.“In plaats van de Vlaming te ontlasten, plant de regering nóg hogere accijnzen. Net dat is wat het Vlaams Belang gaat trachten tegen te houden via de Raad van State.”
read more..El diputat reclama mesures estructurals per al sector i alerta de la manca de rendibilitat i relleu generacional
read more..Het Vlaams Belang deelt de bezorgdheden van de mensen die vandaag in Brussel op straat komen tegen het asociale beleid van de regering-De Wever.“De belastingdruk stijgt, de begroting is niet op orde, de staatsschuld loopt op en er is meer armoederisico”, stelde voorzitter Tom Van Grieken in het Radio 1-programma De Ochtend.“Een ander en socialer beleid is zeker mogelijk, maar dan moeten er een aantal heilige huisjes sneuvelen, en moet er bespaard worden op de migratiefactuur, de EU-factuur en de communautaire factuur.”
read more..Els grups parlamentaris de Junts al Parlament i al Senat han registrat una bateria de preguntes per saber els motius concrets dels retards
read more..Landesweite Aufklärung über Autonomiereform
Geprägt war das vergangene Jahr sicherlich durch das Für-und Wider der von Meloni und Kompatscher geplanten Autonomiereform, stellt SHB-Obmann Roland Lang in seinem Tätigkeitsbericht für das Vereinsjahr 2025 fest. Bereits im Frühjahr wurde nur von der SVP mit Rom verhandelt und für lange Zeit das Volk im Unklaren gelassen.
read more..