BNG esixe a dimisión da conselleira de Medio Ambiente trala sentenza firme do Supremo sobre o embalse das Conchas
Bloque Nacionalista Galego 26-02-2026, 10:36
![]()
A deputada do BNG Sonia Vidal esixiu a dimisión da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez trala sentenza firme do Tribunal Supremo que confirma que o Goberno do PP na Xunta incurmpriu as súas obrigas ante a contaminación por nitratos no Embalse da Conchas, vulnerando dereitos fundamentais da veciñanza da comarca da Limia e da Baixa Limia.
“A sentenza di que existía coñecemento previo, que as medidas foron insuficientes, que houbo risco certo para a vida e para a integridade e que se vulneraron os dereitos fundamentais”, lembrou.
Fíxoo durante a pregunta urxente en Pleno na que Vidal subliñou que a sentenza deixa claro que existía "coñecemento previo" por parte da Xunta, que as medidas adoptadas foron "claramente insuficientes" e que houbo un "risco certo para a vida e para a integridade" das persoas afectadas. A deputada lembrou que o goberno galego leva no poder desde 2009, que os expedientes sancionadores se acumulan desde hai máis de unha década, que en 2022 xa existían mapas oficiais de contaminación difusa e que a Directiva de Nitratos data de 1991.
"Isto non é improvisación. Non é descoordinación. Non é falta de información. Isto é permitir durante anos un deterioro progresivo sabendo o que estaba pasando. Iso ten un nome: abandono institucional”, recalcou, incidindo en que “non é trabapallada, non é propaganda, é un feito gravísimo: a vulneración de dereitos fundamentais durante anos por inacción administrativa”.
A deputada criticou duramente a resposta da conselleira, que segundo Vidal reduciu un problema competencial. Fronte a iso, a parlamentaria do BNG lembrou que o presidente Alfonso Rueda afirmou que haberá que "analizar de onde veñen os nitratos", o que cualificou de “inadmisible” tendo en conta os antecedentes documentados.
Vidal reclamoulle á conselleira que respondese a tres preguntas concretas: se vai asumir responsabilidades políticas, se vai activar de inmediato medidas estruturais con calendario e orzamento, ou se vai continuar "botando a culpa a Madrid". Na súa réplica final, a deputada foi contundente: Por responsabilidade institucional, por respecto á veciñanza da Limia de da Baixa Limia e por dignidade democrática, debería asumir as consecuencias políticas desta situación. E se non está disposta a facelo, a conclusión é evidente: debería dimitir”.
BEOGRAD / NOVI SAD – Advokat i član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Aleksandar Olenik ocenio je da je izjava predsednika Srbije o vojvođanskoj platformi samo pokušaj distrakcije (odvraćanja pažnje, prim. nov.) njegovog biračkog tela i „sakrivanje studentske pobune i blokade“ od njih, dodajući da pitanje autonomije Vojvodine, takođe, ne potpada pod sferu njegove nadležnosti.
read more..Die Preise für Benzin und Diesel schnellen in die Höhe. Während Pendler, Familien, Handwerker und der Mittelstand in Bayern kaum noch wissen, wie sie den täglichen Weg zur Arbeit oder den Betrieb ihres Fuhrparks finanzieren sollen, kassiert der Staat über Energiesteuer, Mehrwertsteuer und CO₂-Abgabe kräftig mit.
read more..We berichtten gisteren reeds over de organisatie van een MR meeting in het Vlaams-Brabantse Beersel. Er waren meer tegenbetogers van VVB en TAK op post dan MR-leden.
read more..ALCALDES Y CONCEJALES CONFORMAN LA CANDIDATURA DE ANDALUCISTAS QUE LIDERA CHRISTOPHER RIVAS POR SEVILLA
La candidatura que los Andalucistas presentan por la provincia de Sevilla para el 17M refleja la implantación municipal, la experiencia de gobierno y el compromiso político con el andalucismo desde las distintas comarcas de Sevilla
read more..Le Parti Breton tient à exprimer officiellement son soutien plein et entier à la liste « Vern avec vous », conduite pour l’avenir de Vern-sur-Seiche.
Nous accordons notre pleine confiance à Sébastien Girard, dont l’ancrage local et la connaissance des enjeux vernois ne sont plus à prouver. C’est le gage d’une gestion équilibrée, alliant dynamisme économique et justice sociale pour tous les habitants de la commune.
read more..Sta mane, per via d i u so Sicretariu naziunale François
Martinetti accumpagnatu d'una delegazione militante,
Femu a Corsica era prisente nantu à a spluttazione
dannighjata.
W dniu 24 stycznia odbędzie się kolejny Marsz na Zgodę, poświęcony pamięci ofiar dawnego polskiego obozu koncentracyjnego Zgoda w Świętochłowicach oraz ofiar Tragedii Górnośląskiej.
read more..Der SSW hat heute einen Antrag in den Landtag eingebracht, der die Fortschreibung des bestehenden Theaterkonzepts für Schleswig-Holstein bis 2031 fordert und damit die Grundlage für eine verlässliche Zukunft der öffentlichen Bühnen schaffen soll.
read more..Eigentlich müssen die Hochschulen so vielen Ansprüchen gerecht werden, dass sie an Attraktivität verlieren, sobald sie versuchen zu sparen.
read more..