BNG reclama explicacións e medidas urxentes ao Goberno polas graves incidencias na liña ferroviaria Ourense-Ponferrada

Bloque Nacionalista Galego 20-02-2026, 05:52

Néstor Rego

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar nas Cortes do Estado unha batería de iniciativas dirixidas ao Goberno sobre as incidencias producidas os días 17 e 18 de febreiro na liña ferroviaria Ourense-Ponferrada. O deputado do BNG no Congreso exixe que se esclarezan as causas e revisar de forma integral a infraestrutura, así como impulsar plans específicos de inspección, revisión e reparación periódica das infraestruturas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualifica os feitos como “moi graves” e denuncia que “volven pór en evidencia o abandono e a falta de mantemento das infraestruturas ferroviarias na Galiza”.

Na mañá do mércores 18 de febreiro, arredor das 7:40 horas, o tren convencional que cubría a liña entre Ponferrada e Ourense quedou parado á altura do Ivedo, entre as estacións de Montefurado e San Clodio, tras unha avaría que, segundo as primeiras informacións, estaría relacionada coa catenaria e o pantógrafo. No tren viaxaban 20 persoas, entre elas crianzas e persoas con mobilidade reducida, que tiveron que ser evacuadas polos servizos de emerxencia e a través de camiños rurais até Montefurado para seren posteriormente trasladadas en taxi e autobús.

Segundo relataron persoas usuarias, escoitouse un forte estrondo, como un lóstrego, e observaron chispas antes de quedar sen subministración eléctrica. Ademais, denuncian que permaneceron máis dunha hora sen información clara por parte da operadora ferroviaria.

Esta incidencia produciuse apenas un día despois de que, na mañá do martes 17 de febreiro, se rexistrase un incendio nun túnel próximo a Montefurado que obrigou a cortar a liña León-Monforte, afectando conexións con Ponferrada, León, Ourense e mesmo o servizo entre A Coruña e Barcelona. O xestor da infraestrutura ferroviaria, Adif, indicou que sería precisa unha revisión técnica antes de restabelecer o tráfico.

Para o BNG, estas incidencias “non son feitos illados, senón a consecuencia directa da falta de inspección, mantemento e investimento nas infraestruturas ferroviarias galegas”.

“Non abonda con actuar cando xa se produciu a avaría ou o incendio. É imprescindíbel un plan sistemático de revisión da vía, da catenaria, dos túneles, noiros e da vexetación do entorno, que permita previr situacións de risco e garantir a seguranza das persoas usuarias” subliña Néstor Rego.

Ante esta situación, o BNG reclama ao Goberno esclarecer con total transparencia cal foi a causa exacta da avaría producida o 18 de febreiro e que se determine se efectivamente se debeu á catenaria e ao pantógrafo e concrete que factores provocaron o fallo. “Debe explicar, ademais, porque a operadora non informou de maneira áxil e suficiente ás persoas viaxeiras afectadas, deixándoas sen comunicación durante máis dunha hora” puntualiza.

Do mesmo xeito, a organización nacionalista quere coñecer as causas do incendio do pasado 17 de febreiro e faga públicos os resultados da investigación. Posteriormente, Néstor Rego incide na necesidade de que se leve a cabo unha revisión integral da infraestrutura afectada polo incendio e se informe de se foron detectados danos estruturais.

“Deben ser reforzados os protocolos de seguranza e estabelecer medidas de mantemento preventivo sistemático en toda a rede ferroviaria galega, así como impulsar plans específicos de inspección, revisión e reparación periódica das infraestruturas, especialmente, tendo en conta as condicións meteorolóxicas adversas habituais na Galiza” reclama Rego.

“O dereito a un transporte ferroviario seguro e de calidade non pode depender da sorte nin das condicións meteorolóxicas. A Galiza precisa investimentos, mantemento continuado e unha planificación seria para evitar que estas situacións se repitan” finda.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-explicacions-medidas-urxentes-ao-goberno-polas-graves-incidencias-lina-ferroviaria-ourense-ponferrada/20260219111917042260.html

Related News

Le Congrès national thématique de Courmayeur a constitué une étape importante dans le chemin de l’Union Valdôtaine. Premier Congrès après la Réunification, consacré à la réforme des Statuts, il a représenté un moment de responsabilité, de démocratie interne et de projection vers l’avenir.

read more..

Durant la seva intervenció, a l’Intergrup del Sàhara del Parlament de Catalunya aquest dijous, el director del CIEMEN Jordi Garrell ha situat el cas del Sàhara Occidental com “un exemple paradigmàtic de descolonització incompleta” i ha denunciat la distància existent entre el reconeixement formal del dret internacional i la seva aplicació efectiva. En aquest sentit, ha recordat que les Nacions Unides continuen considerant el Sàhara Occidental un territori pendent de descolonització i que el poble sahrauí manté reconegut el dret a decidir el seu futur polític.

read more..

The people of Wales are ready for new leadership, party leader Rhun ap Iorwerth has said during the final First Minister’s Questions of the Sixth Senedd term ahead of the election on 7 May.

read more..

Goed nieuws voor iedereen die zijn talenkennis wil versterken: de inschrijvingsgelden voor opleidingen Frans, Engels en Duits in het volwassenenonderwijs in Vlaanderen worden opnieuw verlaagd. “Nu het budget het toelaat dankzij andere maatregelen, willen we mensen maximaal toeleiden naar de arbeidsmarkt met goedkopere taalopleidingen”, geeft Vlaams Parlementslid en eerste indiener Manu Diericx aan.

read more..

El president d’Esquerra Republicana valora positivament que el Govern retiri els pressupostos, aprovi un suplement de crèdit i doni temps a la negociació: “Volem donar a Catalunya més eines, més recursos i més competències”

read more..

Gisteren communiceerde het Grondwettelijk Hof dat het vragen heeft bij enkele specifieke maatregelen van minister van Asiel en Migratie Van Bossuyt rond gezinshereniging en de opvang van migranten. Daarom wil het eerst aftoetsen of die nationale wetgeving in lijn ligt met het Europese recht bij het Europees Hof van Justitie. “Dit is slechts een juridische stap, geen schrapping. En ik heb er dan ook vertrouwen in dat het Hof van Justitie zal bevestigen wat het al gesteld heeft: dat onze wetgeving in lijn ligt met zijn rechtspraak en bestaande Europese regelgeving”, zegt Van Bossuyt.

read more..

Francesc-Marc Álvaro ha retret al ministre que no mantingui la mateixa fermesa que en altres casos de patrimoni tot i que “tots els tècnics han advertit del risc que suposaria moure els frescos del MNAC”

read more..

NAZIONE arradicheghja a so azzione pulitica in lu quadru di a Lotta di Liberazione Naziunale di u populu corsu. Si scrive in lu filu storicu di l’urganizazioni precedenti dapoi l’annati 70 è intende attualizà issu cumbattu à e sfide à i quali hè cunfruntata a Corsica di u XXI u siculu.

read more..

BEOGRAD – Advokat i član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Aleksandar Olenik kazao je da protesti građana izgledaju odlično i da nije očekivao toliki broj građana na ulicama. On je u izjavi za televiziju N1 kazao i da je jučerašnji generalni štrajk u Srbiji početak „jedne opšte pobune građana“.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031