BNG exixe a paralización inmediata da macroplanta de biogás de Soandres na Laracha
Bloque Nacionalista Galego 21-05-2026, 11:41 protest
![]()
O Parlamento galego rexeitou este mércores, co voto en contra do Partido Popular, a proposición non de lei presentada polo BNG que exixía a paralización inmediata do proxecto da macroplanta de biogás promovido pola empresa Bioenergía A Coruña na parroquia de Soandres, na Laracha, así como a elaboración "inmediata" dunha normativa propia que regule a implantación deste tipo de industrias en Galiza.
O deputado nacionalista Oscar Insua lamentou que o PP volvese repetir o mesmo voto negativo que xa emitiu fai un ano, cando o BNG trouxo ao pleno unha proposta "moi parecida". Daquela, lembrou Insua, o PSOE abstívose e o PP votou en contra. "Esperemos que recapacitaran, e que hoxe manifesten se van apoiar a nosa proposta ou non, porque votar, vaise votar mañá", advertiu o deputado antes da votación. Finalmente, o PP volveu dicir que non.
Insua comezou a súa intervención dando a benvida aos membros da Plataforma Stop Biogás na Laracha, á voceira municipal do BNG, Carolina Castiñeira, e a representantes de ADEGA, que asistiron ao pleno para "comprobar in situ e en directo o compromiso de todos os partidos políticos galegos para evitar a instalación da macroplanta". O deputado lembrou que o 9 de maio tivo lugar unha manifestación "histórica" na Laracha, con centos de persoas, e que tamén se opoñen ao proxecto os concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Cerceda, Culleredo e Arteixo, así como a Deputación da Coruña.

O deputado nacionalista detallou os principais impactos do proxecto: ocupará máis de 95.000 metros cadrados de solo rústico nas proximidades do río Anllóns, tratará 63.500 toneladas anuais de residuos, prevé a circulación de 13 camións diarios, consumirá 1,5 millóns de litros de auga ao ano e producirá máis de 30.000 toneladas de efluentes líquidos e case 20.000 toneladas de digerato sólido sen tratamento. Ademais, criticou que o estudo de impacto ambiental non modele os cheiros, a pesar de que o núcleo de Vistalegre está a menos de 300 metros da planta.
Insua tamén se referiu ao propio alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, do PP, quen declarou publicamente que xa fora ver dúas plantas similares en Burgos e Tarragona e que os cheiros eran "insoportables". "O propio alcalde insiste en que o concello mantén desde o inicio unha posición firme e coherente en defensa do territorio. Se podes ver as alegacións presentadas polo concello contra este proxecto, calquera diría que son do Partido Popular", ironizou o deputado.
Finalmente dirixíndose ao PP, Insua respondeu ás críticas anteriores do presidente Rueda e dalgúns deputados, que cualificaron as protestas de "alboroto" e "pancarteirismo". "Eu hoxe pregúntolle ao PP se os que están detrás da pancarta son alborotadores, ou mellor poden preguntarlle ao alcalde da Laracha, que tamén está detrás da pancarta", ironizou.
Die SSW-Ratsfraktion Kiel setzt sich für eine deutliche Reduzierung von Glücksspieleinrichtungen und eine höhere Vergnügungssteuer für Wettbüros und Spielhallen ein. Zu der Diskussion in der gestrigen Ratsversammlung erklärt Ratsherr Pascal Schmidt, finanzpolitischer Sprecher der SSW-Ratsfraktion Kiel:
„Die SSW-Ratsfraktion hat zur Ratsversammlung am 15.01.26 die Anträge ‚Glücksspielautomaten: Erhöhung der Vergnügungssteuer‘ (Drs. 1109/2025) und ‚Bekämpfung des Glücksspiels‘ (Drs. 1398/2025) eingebracht. Darin wollten wir die Dichte von Glücksspieleinrichtungen in Kiel nachhaltig und deutlich reduzieren sowie die Vergnügungssteuer für Betreiber von Wettbüros und Spielhallen anheben.
Justitie zal naar schatting dit jaar 5,8 miljoen euro aan verwijlinteresten betalen omwille van laattijdig betaalde facturen. Onder meer de gevangenissen zullen daardoor minder werkingsbudget krijgen.“Dit zijn miljoenen die gewoon de vuilbak worden ingegooid omdat Justitie er niet in slaagt facturen tijdig te betalen”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) die de cijfers opvroeg.
read more..Die Landesregierung kann keine belastbaren Angaben zur tatsächlichen Nutzung und Wirkung des europäischen Arbeitsmarkt-Netzwerks EURES in Schleswig-Holstein machen. Das geht aus der Antwort auf eine Kleine Anfrage des SSW hervor. Weder liegen Zahlen zur Nutzung der Angebote vor noch können konkrete Vermittlungserfolge benannt werden.
read more..“Dit gaat niet meer over losse disfuncties. Dit is een volledige bestuurscultuur waarin kwetsbare mensen afhankelijk worden gemaakt van politieke connecties.” Brussels fractievoorzitter Gilles Verstraeten reageert scherp op de nieuwe Pano-reportage over sociale huisvestingsmaatschappij Anderlechtse Haard. Verstraeten eist dan ook de oprichting van een onafhankelijke onderzoekscommissie die de werking van de maatschappij volledig moet doorlichten.
read more..Depuis plusieurs semaines, des prises de parole laissent entendre que l’UDB serait divisée quant à son positionnement pour les élections municipales à Lorient. Ce n’est pas le cas.
read more..Teresa Gassió , coordinadora del Rolde de Feminismos de CHA , denuncia la persistencia de esta violencia estructural y exige más recursos y prevención para proteger a las mujeres.
read more..Prado denuncia que a promotora segrega fraudulentamente o proxecto que e non se avalía o risco do transporte pola ría de 300.000m3 de betume
Primeiro Altri e agora isto. “A ría de Arousa non pode permitirse nin un só elemento máis que poña en perigo a súa capacidade produtiva, advirte
read more..Més per Menorca expressa amb tota contundència el rebuig a qualsevol forma de corrupció política i institucional, vengui d’on vengui i afecti qui afecti. La recent imputació de l’expresident del Govern espanyol, José Luis Rodríguez Zapatero, torna a posar damunt la taula unes pràctiques que durant massa anys han degradat la vida pública i han contribuït a erosionar la confiança de la ciutadania en les institucions democràtiques.
read more..Catalonia’s Amazigh diaspora is preserving and transmitting its language and culture – through community-run classes and workshops, and through digital projects helping the language and its many variants to flourish online.
read more..