Ana Pontón: “Avia Veira ten a forza, o proxecto e o liderado que se necesita para facer que A Coruña dea un gran paso adiante”

Bloque Nacionalista Galego 22-05-2026, 10:51 elections, person

Ana Pontón, Avia Veira e Francisco Jorquera

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou a Avia Veira como a mellor candidata para ser a próxima alcaldesa da Coruña, abrindo un tempo novo cun proxecto serio e ambicioso para converter a cidade nun referente “dentro e fóra Galiza”. “Avia Veira ten a forza, o proxecto e o liderado necesarios para facer que a Coruña dea un gran paso adiante”, asegurou.

Pontón referiuse á candidata nacionalista, que elixiu o “corazón de Monte Alto” para facer a súa presentación, como unha muller “loitadora e reivindicativa”, unha política “pegada á rúa” , que “mira aos ollos da xente” e que afronta agora un novo reto avalada polo seu traballo no Concello. En María Pita, dixo, “pelexa cada día” por mellorar as condicións de vida das coruñesas e os coruñeses.

“Monte Alto é un barrio con identidade, orgulloso das raíces, rebelde e combativo. E eses son tamén os valores que definen á candidata do BNG, unha orgullosa veciña e a próxima alcaldesa da Coruña, a cidade onde se criou, na que ve medrar aos seus fillos, a cidade á que ama e pola que loita cada día”, subliñou.

A líder do BNG salientou ademais a “Coruña en grande” na que pensa Avia Veira, unha cidade —explicou— con mellores servizos públicos e con calidade de vida, con máis cohesión social e un urbanismo de calidade que poña as persoas no centro. “Unha Coruña en grande significa sustentabilidade, inclusión e benestar social, e significa vitalidade económica, social e cultural”, engadiu.

Afondando nesta cuestión, afirmou que A Coruña en grande pola que traballa Veira é transformar a fachada marítima e recuperala para a veciñanza, pero tamén que “as cousas de cada día funcionen”.

Pontón asegurou que A Coruña precisa “un cambio de rumbo” porque “xa sabe o que dan de si os gobernos do bipartidismo estatal, cun PP e un PSOE que fan unha cousa cando están na oposición e outra cando están no goberno municipal”, como sucedeu —exemplificou— coa débeda do Porto.

“Segundo quen teñan o bastón de mando en María Pita e na Moncloa, PP e PSOE defenden que esa débeda debe ser asumida polo goberno do Estado ou calan a boca para non molestar os seus respectivos xefes en Madrid”, advertiu, para salientar que, pola contra, “no BNG só temos unha palabra e temos claro que sempre estamos do lado da Coruña e dos seus veciños e veciñas”.

É por iso que, segundo dixo, “é o momento de facer algo distinto”, da man do Bloque e de Avia Veira como a líder “honesta, traballadora, preparada, feminista e orgullosamente coruñesa” que encara a cita electoral prevista para o 23 de maio do próximo ano co “mellor aval” para pedir a confianza da cidadanía, dixo en alusión ao modelo municipal que o BNG pon en práctica alí onde goberna para mellorar a vida da xente.

“Sabemos transformar en positivo, xestionar con eficacia e con honestidade cada euro para mellorar a vida da xente”, recalcou a portavoz nacional, para quen modelo do BNG funciona porque pon ás persoas no centro, “construíndo barrio, defendendo os servizos públicos dun PP que recorta e privatiza a costa da saúde, da igualdade ou da vellez digna”.

Pontón, que tamén tivo palabras de agradecemento e recoñecemento a Francisco Jorquera, presentou as vindeiras eleccións municipais como unha oportunidade máis para seguir consolidando o avance do BNG, “poñendo do noso lado a todos os galegos e galegas que comparten a idea de que é posible construír unha Galiza con futuro”. “E con ese reto empezamos a traballar desde agora mesmo e até o 23 de maior de 2027”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-avia-veira-ten-forza-proxecto-liderado-que-necesita-facer-que-coruna-dea-gran-paso-adiante/20260521210307042843.html

Related News

ANDALUCISTAS DEFIENDE UNA EDUCACIÓN PÚBLICA FUERTE PARA GARANTIZAR IGUALDAD DE OPORTUNIDADES EN ANDALUCÍA
Christopher Rivas propone ampliar becas, reforzar la FP y proteger las universidades públicas andaluzas

read more..

Le Parti Breton participe à la liste “Retrouver Brest” avec une volonté claire de renforcer l’ancrage culturel et économique du projet municipal. Notre volonté est de concilier un projet assumé de baisse des dépenses tout en continuant à défendre la qualité de vie bretonne au service d’un enracinement territorial brestois fort, à travers notamment la culture mais aussi le logement, les transports et une action municipale efficace en faveur de l’activité économique.

read more..

De regering-De Wever kondigt aan de tweede pijler – het aanvullend pensioen bovenop het wettelijk pensioen – te willen versterken in alle sectoren, maar laat cruciale vragen over garanties, timing en financiering onbeantwoord. Kamerlid Ellen Samyn reageert scherp op de plannen en waarschuwt voor hervormingen die vooral uitgestelde beloftes bevatten. “Wat als een grote pensioenhervorming wordt verkocht, blijft in werkelijkheid steken in vage intenties zonder afdwingbare zekerheid”, zegt Samyn.

read more..

V sobotu 21.3.2026 se v Brně konal XVI. sjezd strany Moravané, který řešil jednak stanovy, program a byl také volebním sjezdem vedení.
Delegáti schválili změnu označení z politické strany na hnutí a další drobnější změny ve stanovách. Dále byl přijat podstatně zjednodušený program, který vzešel z návrhu Aleše Sekaniny a byl výsledkem následné vnitrostranické diskuze na programové konferenci.

read more..

Recent besliste de federale regering om gespreid over vijf jaar bijna 1 miljard euro vrij te maken voor de ruimtevaartsector. "Met slechts 49 procent van de ESA-return blijft Vlaanderen echter structureel onderbedeeld in deze strategische toekomstsector, ondanks herhaalde beloftes dat dit zou worden rechtgetrokken", stelt Vlaams parlementslid Kristof Slagmulder. “Het Vlaams Belang eist de correcte toepassing van de overeengekomen verdeelsleutel van 55 procent voor Vlaamse bedrijven en kennisinstellingen.”

read more..

Isaac Albert insta a Junts a avalar l’admissió a tràmit de la proposició de llei per constituir l’eina per “impulsar, planificar, fer seguiment, gestionar i executar” les inversions estatals al país després d’anys d’infraexecució

read more..

Vandaag en morgen bezoekt Alain Berset, secretaris-generaal van de Raad van Europa, België voor gesprekken met onder meer koning Filip en premier Bart De Wever (N-VA). Bob De Brabandere (Vlaams Belang), lid van de Parlementaire Assemblee van de Raad van Europa (PACE), roept De Wever op om die ontmoeting aan te grijpen en Berset expliciet aan te sporen tot actie tegen diens voorganger Thorbjørn Jagland, die in de Epstein-files in opspraak komt. “De onthullingen over de banden tussen Jagland en Jeffrey Epstein zijn zo zwaar dat stilzwijgen geen optie is”, stelt De Brabandere. Zijn fractie ECPA vraagt een buitengewone zitting van PACE en een onafhankelijk onderzoek.

read more..

Goed nieuws voor iedereen die zijn talenkennis wil versterken: de inschrijvingsgelden voor opleidingen Frans, Engels en Duits in het volwassenenonderwijs in Vlaanderen worden opnieuw verlaagd. “Nu het budget het toelaat dankzij andere maatregelen, willen we mensen maximaal toeleiden naar de arbeidsmarkt met goedkopere taalopleidingen”, geeft Vlaams Parlementslid en eerste indiener Manu Diericx aan.

read more..

En l’absence de toute possibilité d’échanges et de prise de parole, les élus de l’Assemblea di Corsica sont convoqués dans leur propre hémicycle, ce matin, afin d’assister au rang de simples spectateurs à un discours du Président de la République française.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031