BNG denuncia a "ineptitude" da Consellería do Mar e alerta do risco de peche de varias confrarías
Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 11:08 social
A deputada Rosana Pérez advirte de que as choivas non son o problema principal do marisqueo en 2026, senón o abandono institucional, e lamenta que a Xunta "fai oídos xordos" ante a crítica situación do sector
![]()
A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, puxo de relevo a situación "crítica" que atravesan numerosas confrarías de pescadores e mariscadoras galegas, que atribúe directamente á "ineptitude e inutilidade" da Consellería do Mar, dirixida polo Partido Popular.
Pérez rexeitou rotundamente que as choivas sexan o problema principal do marisqueo neste ano 2026, tal e como suxiren desde o Goberno de Rueda. "O problema principal do marisqueo no ano 2026 é a ineptitude e a inutilidade dunha consellería que leva anos sen atender ao sector marisqueiro", afirmou con contundencia. Neste sentido, subliñou que as inclemencias meteorolóxicas son "a puntilla para un sector que a propia consellería leva anos abandonando".
A deputada nacionalista alertou sobre a "perda de traballadores e traballadoras do marisqueo continua e cada vez maior", unha sangría que ten como principal consecuencia que moitas confrarías sexan "incapaces de manter a súa propia estrutura". "Hai confrarías neste país, non unha nin dúas, que están a piques de pechar a súa porta", denunciou.
Como exemplo máis salientable, Pérez citou a Confraría da Pobra do Caramiñal, unha entidade con "case cen anos de existencia" que conseguiu superar temporais, crises e choivas ininterrompidas, pero que é "incapaz de resistir e superar as políticas absolutamente lesivas deste goberno e desta Consellería do Mar". Xunto a ela, mencionou outras confrarías en situación "hipercrítica" como as de Mugardos, Cabo de Cruz, Rianxo ou Vilanova.
Ante esta situación, o BNG presentou unha proposición non de lei que contiña catro medidas urxentes: avaliar con rigor a situación das confrarías, habilitar unha liña de axudas directas e urxentes para evitar a súa desaparición, articular préstamos a través do IGAPE con condicións favorables, e que a Consellería asuma o cen por cen dos custos de vixilancia e asistencias técnicas durante o tempo necesario para a normalización. Porén, esta proposición non de lei para fortalecer as confrarías de pescadores foi rexeitada cos votos en contra do PP.
Pérez criticou a "tomadura de pelo" que supón a emenda presentada polo PP, á que cualificou de "indecente". "Vostedes instan ao Partido Popular da Xunta a que mobilice con celeridade os 22 millóns que anunciou a conselleira. Que pasa? A conselleira e a Consellería non son quen de saber en que situación está o sector? Vostedes están esperando a ver se lle choven doutro lado", ironizou.
Finalmente, a deputada nacionalista lamentou que "en 33 anos" desde a aprobación da lei de confrarías "non fixeran máis nada" polo sector. "Se vostedes só van á lonxa de Porto do Son para facerse fotos e non á Pobra, é porque saben que alí o que van atopar son as portas pechadas e unha lonxa absolutamente inutilizada porque non hai produto", concluíu.
Chers militants, chers membres d’Unser Land,
Nous ouvrons aujourd’hui les inscriptions à la 4ᵉ Université d’Hiver d’Unser Land, qui se tiendra le samedi 21 février 2026 à Sélestat, salle Sainte‑Barbe, comme annoncé.
Dans un contexte de crise démocratique, institutionnelle et territoriale, cette Université d’Hiver sera un temps fort de réflexion et de mobilisation autour d’une question centrale pour notre combat politique : La France à bout de souffle : le fédéralisme comme solution ?
read more..Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI poručuje premijeru Milošu Vučeviću da prestane sa pretnjama profesorima i učenicima koji učestvuju u blokadama škola i podržavaju studentski protest.
read more..“Defensar la llengua catalana no és un deure, sinó una necessitat”, advertia l’abat Escarré al diari francès Le Monde l’any 1963. Ara, més de seixanta anys després, aquestes paraules mantenen tota la vigència. El CIEMEN, recuperant el llegat de l’abat Escarré, que va defensar la llengua catalana i els drets dels pobles com a expressió de la dignitat humana, considera que la presència residual del català en la visita del papa Lleó XIVa Barcelona és incompatible amb el respecte que mereix la llengua pròpia del país.
read more..Carmen Hernández avisa que la falta de ejecución de casi 900 casas
públicas y el riesgo de perder fondos europeos profundizan el problema
en Canarias
De geplande hervorming van de persoonsvolgende financiering zorgt voor steeds meer onrust bij personen met een handicap en hun families. In het Vlaams Parlement waarschuwde Vlaams Parlementslid Immanuel De Reuse(Vlaams Belang) dat de Vlaamse regering opnieuw dreigt te sleutelen aan rechten en ondersteuning zonder garanties op voldoende middelen.“Wat vandaag groeit, is enkel de onzekerheid: minder perspectief, minder rechtszekerheid”, stelde De Reuse.
read more..La Cambra constata l’incompliment del Govern del mandat parlamentari que el comprometia a tramitar i aprovar el projecte
read more..Le 26 février 1948, la Vallée d’Aoste affirmait son destin. L’entrée en vigueur du Statut spécial consacrait le droit de notre peuple à décider de son avenir et à protéger sa langue, sa culture et son identité.Ce Statut fut présenté par Umberto Terracini, président de l’Assemblée constituante, accueilli dans la salle ducale de l’Hôtel de Ville par le syndic d’Aoste et par le président de la Vallée, Séverin Caveri.
read more..Turull assegura que “l’educació ha de ser una política de país, no de partit” i demana treballar de la mà dels docents per revertir la crisi estructural del sistema
read more..El diputado Yoné Caraballo denuncia una “trama” por parte de CC que
esconde un modelo de privatización sociosanitaria que utiliza el Insular
como excusa